O arcebispo reorganiza os arciprestados da Diocese de Santiago de Compostela

01 Maio 2024

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández asinou o decreto polo que se reorganizan os arciprestados da Diocese de Santiago de Compostela.

Neste Documento, o arcebispo indica que ao longo destes anos os arciprestados foron na Arquidiocese un medio para a coordinación e participación de todos na pastoral ordinaria e estímulo para o desenvolvemento e impulso dos plans de pastoral diocesanos. E afirma que “a Igrexa de Santiago de Compostela, no marco de todo o proceso sinodal, expúxose, como unha das súas necesidades pastorais, a renovación persoal e comunitaria que posibilite unha transformación misioneira das nosas parroquias e comunidades que nos leve a entender a responsabilidade como corresponsabilidade, pasando do único liderado sacerdotal a un liderado compartido, xerando equipos pastorais formados por sacerdotes, diáconos, relixiosos e laicos, que asuman o acompañamento e animación pastoral das comunidades en clave misioneira”.

Neste sentido, mons Prieto afirma que esta remodelación leva a cabo “@teniendo en cuenta os cambios demográficos, sociais e pastorais dalgunhas parroquias e, por conseguinte, dos arciprestados, así como a vontade de atender convenientemente ás necesidades pastorais das parroquias, viuse a necesidade de proceder á reestruturación dos arciprestados”. E engade: “o noso desexo é que unha nova reestruturación dos arciprestados axude á coordinación da acción pastoral e presten un mellor servizo á misión evanxelizadora de la Iglesia”.

Deste xeito o Arcebispado de Santiago de Compostela queda integrado en quince arciprestagos integrados nas Vicarías de Santiago, A Coruña e Pontevedra.

O de Postmarcos está no de Santiago e o conforman as parroquias de Boiro, Ribeira, A Pobra, Rianzo, Lousame, Noia e Porto do Son.

O de Cétigos e Entíns, tamén no de Santiago, o integrarán as as parroquias dos Concellos de Carnota, Mazaricos, Muros, Outes e Santa Comba.

O de Iria Flavia e Santiago o integran entre outros as parroquias de Padrón, Rois e Dodro.

Decreto de remodelación de los Arciprestazgos 2024 (PDF)

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.