Mais de 700 veciños do Son particiaron este domingo na XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores. A xornada organizada polo concello iniciouse cunha misa na igrexa de San Vicente de Noal no que cantou o Coro Parroquial de Porto do Son. Posteriormente celebrouse o xantar nunha carpa instalada na zona portuaria da vila. No acto participou o alcalde Luís Oujo acompañado de membros da corporación.
Tamén o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou na XXII edición da Xuntanza de Confraternidade dos Maiores de Porto do Son.
Perfecto Rodríguez destacou a importancia destes encontros que permiten ás persoas maiores desfrutar dunha xornada de lecer. Neste sentido, recordou o compromiso da Xunta de Galicia co envellecemento activo e animou aos presentes a participar nalgúns dos programas que hai neste ámbito como Xuntos polo Nadal ou Benestar en Balnearios.




