O Concello do Son ultima os arranxos da pasarela de Seráns e mellora os accesos de Carballosa, Miñortos, Caamaño e Xuño

24 Abril 2024

O Concello de Porto do Son impulsou este mes de abril novas frontes de traballo nas parroquias e nos núcleos tradicionais dirixidos a acondicionar accesos e infraestruturas, mellorar servizos, impulsar os tesouros turísticos e garantir a seguridade, traballos dos que foi dando conta puntualmente nas redes sociais. As obras puxeron o foco no sendeiro litoral que está preto de cubrir toda a costa do territorio sonense (actuouse no treito de Seráns, na pasarela de madeira que bordea a praia) ou na rede de saneamento que se quere habilitar en todos os núcleos, actuando este mes na parroquia de Xuño.

Amais, traballouse para mellorar as estradas e os accesos, por exemplo en Carballosa (San Pedro) ou na contorna do Campamento da Virxe do Loreto. A maiores contouse coa colaboración do alumnado do programa de emprego Tahume IX, que puxo a punto diversos espazos naturais e sendas.

-En Seráns (San Pedro de Muro) avanzaron os arranxos da pasarela costeira.

-En Xuño avanzouse na acometida do saneamento para cubrir toda a parroquia.

-En Carballosa (San Pedro) as brigadas municipais acondicionaron os accesos ao núcleo.

-En Miñortos, o Concello traballou para solucionar as perdas de auga da rede.

-Nas parroquias de Caamaño e Xuño acondicionáronse os accesos.

-O alumnado do obradoiro de emprego Tahume IX puxo a punto as sendas verdes que conectan o alto de Olveira con Coira, en Goiáns, e A Arnela co Castro de Baroña.

-Acondicionáronse os accesos do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto e da zona de lecer.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.