A ANPA TKD de Caamaño vai celebrar o primeiro de maio cunha gran festa interxeracional na Casa da Cultura, a partir das 12.00 horas do mércores 1. A entrada será libre. A cita inclúe todo tipo de actividades para nenos e maiores; inchábeis, xogos creativos, globoflexia, barra e degustación de churrasco con cada consumición. A festa está organizada pola Asociación de Nais e Pais de Club de Taekwondo Natural Sport Caamaño, con sede na Casa da Cultural, coa colaboración do Concello de Porto do Son.
