A Deputación achega axudas para as oficinas de turismo da Pobra, Boiro, Carnota, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira

29 Abril 2024

A oficina de turismo de Boiro

A Deputación da Coruña inviste este exercicio 774.470 euros no programa de subvencións para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo dos concellos da provincia de menos 50.000 habitantes. Son 48 os beneficiarios, que se repartirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros. Inclúense na lista (con cantidades comprendidas entre os 15.000 e os 20.000 euros) a práctica totalidade dos nosos concellos: A Pobra, Boiro, Carnota, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

“No noso departamento sempre fomos conscientes de que un turismo de calidade implica ter bos técnicos para planificar e bo persoal para informar e, entre todos, dar servizo e ofrecer unha proposta turística de calidade no territorio, algo que para nós é imprescindible se queremos ser competitivos”, explica o vicepresidente, Xosé Regueira, engadindo que o as axudas do programa son “do cen por cento”.

Segundo fixo saber Regueira, desde 2017 a liña de subvencións da Deputación para a contratación de persoal especialista en turismo dálle traballo no ámbito territorial da provincia a arredor de 50 persoas e tamén servizo a medio cento de entidades municipais.

A resolución do total das subvencións, a listaxe de beneficiarios e as cantidades que recibirá cada un poden consultarse no BOP do 29 de abril.

Inclúense, pola nosa comarca, as seguintes oficinas:

Beneficiario: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
NIF: P1506800J
Cod. Exp.:2023000040996
Obxecto: MANTEMENTO PERSOAL TÉCNICO PARA A OFICINA DE INFORMACION TURÍSTICA
20.000,00€1,000020.000,00€
Beneficiario: CONCELLO DE BOIRO
NIF: P1501100J
Cod. Exp.:2023000041275
Obxecto: FINANCIAMENTO DE GASTO DE PERSOAL DAS OFICINAS DE TURISMO 2024
20.000,00€1,000020.000,00€
Beneficiario: CONCELLO DE CARNOTA
NIF: P1502000A
Cod. Exp.:2023000039911
Obxecto: Financiamento do gasto de persoal técnico de atención da oficina de turismo de Carnota
19.801,98€1,000019.801,98€
Beneficiario: CONCELLO DE MUROS
NIF: P1505400J
Cod. Exp.:2023000041133
Obxecto: SERVIZO DE ATENCION DA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS NO ANO 2024
18.137,90€1,000018.137,90€
Beneficiario: CONCELLO DE NOIA
NIF: P1505800A
Cod. Exp.:2023000040050
Obxecto: Contratación de persoal para a oficina de turismo
17.425,74€1,000017.425,74€
Beneficiario: CONCELLO DE OUTES
NIF: P1506300A
Cod. Exp.:2023000041502
Obxecto: CONTRATACION PERSOAL TECNICO OFICINA TURISMO OUTES 2024
14.521,45€1,000014.521,45€
Beneficiario: CONCELLO DE PORTO DO SON
NIF: P1507200B
Cod. Exp.:2023000041537
Obxecto: Financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2024
17.425,74€1,000017.425,74€
Beneficiario: CONCELLO DE RIANXO
NIF: P1507300J
Cod. Exp.:2023000040063
Obxecto: PERSOAL TÉCNICO PARA OFICINAS DE TURISMO
17.514,75€1,000017.514,75€
Beneficiario: CONCELLO DE RIBEIRA
NIF: P1507400H
Cod. Exp.:2023000040466
Obxecto: Financiamento do gasto de persoal das Oficinas de Turismo do Concello de Ribeira
20.000,00€1,000020.000,00€

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...