O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha nova xeira de deseucaliptización na nosa comarca: desta volta en Baroña o domingo 28

27 Abril 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca a segunda das xornadas de voluntariado a prol dos montes autóctonos e tradicionais do seu programa de sustentabilidade participativa. Desta volta ponse o foco nos montes de Baroña, en Porto do Son, novamente co obxectivo de implicar á cidadanía na recuperación da biodiversidade. A xornada tentará retomar o éxito de participación da anterior xeira de traballo, celebrada en Froxán (Lousame), na que participaron unha vintena de persoas eliminando especies exóticas invasoras e plantando frondosas autóctonas. A organización da actividade correrá a cargo da Fundación Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio– e cóntase nesta ocasión coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en ManComún de Baroña.

Esta nova acción está fixada para a mañá do domingo 28 de abril nos montes de Baroña, onde se traballará na súa deseucaliptización. Aberta a todos os públicos e idades, a actividade centrarase na eliminación de rebentos de eucalipto co obxectivo de evitar a súa proliferación no monte e favorecer a recuperación da biodiversidade.

O punto de encontro será o local da CMVMC de Baroña ás 9.30 da mañá. Desde alí, acudirase a pé ata a zona de intervención e pararase ás 14 h para comer no local da comunidade. As persoas interesadas deberanse inscribir na actividade enviando un email a info@montescola.org antes do xoves 25.

Apoio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Máis información a través do correo electrónico info@barbanzaecosocial.org ou no 722 413 315

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.