A Xunta apoia con 622.000 euros máis de 14 proxectos turísticos en 8 concellos do Barbanza

15 Abril 2024

A Xunta resolveu a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. Na comarca do Barbanza foron beneficiarios un total de 14 proxectos en 8 concellos do litoral. As iniciativas apoiadas abranguen melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Estes proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 622.000 euros

Como se indica na resolución, que será publicada en datas vindeiras no Diario Oficial de Galicia e da que xa foron notificados os beneficiarios, inclúense 25 concellos da provincia de A Coruña, onde se levarán a cabo preto de 40 proxectos de embelecemento.

Esta liña de axudas é unha das actuacións incluidas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation.

A Pobra do Caramiñal

Proxecto de acondicionamento de aparcadoiro na alta e recuperación paisaxística no entorno

80.000,00 €

Boiro

Recuperación de sendeiros entre puntos de interese turístico: senda rio Breiro-praia de Mañóns

80.000,00 €

Boiro

Compra e instalación de pantalla táctil dixital no paseo marítimo de barraña

15.000,00 €

Boiro

Mellora e adaptación do Centro Arqueolóxico do Barbanza

50.000,00 €

Carnota

Aplicación turística & control park

15.000,00 €

Muros

Información dixital en liña na vila de Muros

13.394,70 €

Outes

Actuacións de embelecemento e rexeneración paisaxística no parque de Vista Alegre. Xunqueira dos muíños. O areal.

80.000,00 €

Outes

Dixitalización dos recursos turísticos do litoral

13.176,90 €

Porto do Son

Actuacións de embelecemento e rexeneración paisaxística na zona de amarres no borde marítimo do porto de Boa

79.999,98 €

Rianxo

Posta en valor do patrimonio natural do esteiro do Ulla a través do acceso ás tres cruces de Isorna

38.877,30 €

Rianxo

Mellora da accesibilidade dos areais de Rianxo

44.968,08 €

Ribeira

Ribeira, Destino Litoral Sostíbel: rehabilitación Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

72.000,00 €

Ribeira

Ribeira, Destino Litoral Sostíbel: actualización dos contidos didácticos do Centro de Interpretación Arqueolóxica de san Roque

13.500,00 €

Ribeira

Ribeira, Destino Litoral Sostíbel: mellora da accesibilidade no Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

26.721,00 €

14 axudas

622.637,96 €


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...