O alumnado de Tahume mellora os camiños de Baroña e as zonas verdes do Centro de Día do Son

02 Maio 2024

Neste punto de inflexión entre abril e maio o alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación da nosa comarca, realizou un importante traballo de limpeza e mellora de camiños e áreas de lecer en diferentes recantos do concello sonense.

Por unha banda, as e os participantes na modalidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes realizaron o acondicionamento de camiños na parroquia de Baroña, e, pola outra, o alumnado da modalidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería puxo a punto as zonas verdes do Centro de Día de Porto do Son. A maiores, tamén traballaron na limpeza e acondicionamento das sendas verdes que conectan o alto de Olveira con Coira, en Goiáns, e A Arnela co Castro de Baroña.

As especialidades impartidas nesta convocatoria (a novena) de Tahume son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Os días pasados ambos Concellos (Porto do Son e Ribeira) confirmaron que van seguir xuntando forzas para dar continuidade ao Obradoiro de Emprego cunha nova edición do mesmo, Tahume X.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.