Queiruga celebra a segunda Festa dos Maios con actividades para os pequenos, regueifas e unha foliada con Pan Sen Fron

24 Abril 2024

A Asociación Folclórica Chorimas de Queiruga e o Concello de Porto do Son organizan os días vindeiros (en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña) a segunda edición da súa Festa dos Maios, unha celebración de música, baile, traxes e cultura tradicional galega para celebrar a primavera. O cartel inclúe un concerto de Pan.sen.Fron ás 22.30 horas. A cita será na Casa da Cultura de Queiruga, os días 3 e 4 de maio.

A axenda arrinca o venres 3 de maio cunha actividade para os máis pequenos na “que imos ver como se fan e se adobían os maios”, en palabras de Chorimas.

O sábado 4 de maio retómanse Lembranzas: “Desta vez ademais de recordar as celebracións dos maios no noso concello, falarase tamén das regueifas que se bailaban e cantaban nas vodas, celebracións tan abundantes nesta época do ano”.

O broche final da festa poñerao a foliada dos maios, na que poderemos desfrutar das actuacións de varias agrupacións da comarca do Barbanza ademais da actuación especial dos Pan.sen.Fron,

Outros artigos

Luns chega o sol e empezan a subir as temperaturas

O comezo da semana traerá unha xornada de transición na que as altas presións irán achegando estabilidade de xeito progresivo. Así, amenceremos con moita nebulosidade e néboas en puntos do interior; esas néboas tenderán a desaparecer, pero a nebulosidade manterase ao...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...