O 26 de maio celébrase a Andaina de Porto do Son encadrada na II Liga Galega de Sendeirismo

15 Abril 2024

Xa temos na Rede toda a información relativa á Andaina de Porto do Son da II Liga Galega de Sendeirismo que organiza o Club Trabandainas (coa colaboración da Área de Deportes do Concello), incluída no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo. A andaina celebrarase o 26 de maio, con formato de ruta circular dende a fachada marítima de de Porto do Son e con percorridos de 25 e 15 quilómetros. O prazo de inscrición está aberto até o 23 de maio ás 23.59 horas e pódese facer a través de Cronocheck.

Distancia: ruta circular de 25 quilómetros, aproximadamente

Distancia alternativa: ruta Circular de 15 quilómetros, aproximadamente

Dificultade: media

Entrega de dorsais: dende como 7:30 a 8:45 horas

Punto de Saída: fachada marítima de Porto do Son

Inicio da Andaina de Porto do Son 25K: 9:00 horas

Inicio da Andaina de Porto do Son 15K: 9:05 horas, a continuación da saída de 25K

Punto de Chegada: fachada marítima de Porto do Son

Percorrido: sairase da fachada marítima de Porto do Son e logo dun treito a carón do mar (deixando atrás o miradoiro da Atalaia, o paseo do Fonforrón, o paseo de Arnela, o Castro de Baroña, os muíños e ruínas da capela de San Telmo, os sendeiros e camiños da Comunidade de Montes de Baroña) as e os participantes regresarán a Porto do Son, polo paseo da igrexa parroquial de San Vicente de Noal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.