Galicia Rompe (antes Rompetiño Jump) desenvolverase os días 5 e 6 de xullo no Son e contará con La Zowi, Kaydy Cain, Jarfaiter, Kake e Al Safir

30 Abril 2024

A organización de Galicia Rompe (evento de cultura e deporte urbanos de Porto do Son anteriormente coñecido como Rompetiño Jump) compartiu este mes de abril o cartel da nova edición do festival, un dos grandes acontecementos do panorama xuvenil de citas estivais. Galicia Rompe 2024 celebraraswe os días 5 e 6 de xullo. Segundo confirman dende Fogar dos Festivais, nesta edición pasarán polo escenario VibraMahou a trapeira franco-española La Zowi, o rapeiro madrileño Kaydy Cain, o rapeiro quinqui Jarfaiter ou tamén un dos grandes artistas emerxentes do panorama español: o murciano Kaze. Engádese á cabeza de cartel Al Safir (Diego Izquierdo), promesa rapeira da serra de Madrid e referente indiscutíbel do underground nacional.

Tamén actuarán Denom, Dirty Suc, Selecta, Samuel SlZR, Moa, West Dubai, El Bugg, Kabasaki, Grecas, AmyGoala, Kike Varela, C Mirazo, Hecky, Bon Calso e Rita Lig.

A maiores, no capítulo de sorpresas a organización anunciou un concerto gratuíto para o sábado 6 na fachada marítima a cargo da cantante galega Pili Pampin. A maiores da vertente musical, o evento contará cunha zona de exhibicións e unha zona deportiva.

Organiza Rompetiño coa colaboración da Xunta, Fest Galicia, Abanca, a Deputación da Coruña, Xacobeo e, por suposto, o Concello de Porto do Son, entre outras empresa e institucións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.