As mulleres do Son participaron nunha actividade formativa sobre hábitos saudábeis

15 Abril 2024

A semana pasada celebrouse en Porto do Son o curso gratuíto Muller e Saúde, programado pola formadora Begoña García Cepeda. A actividade formativa, moi concorrida, foi inaugurada no local do Club de Xubilados polo concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, e a traballadora social municipal, Isabel García. O curso, encadrado nas actividades que organizou o Concello con motivo do Día da Muller (o pasado 8 de marzo), foi impartido por Paula Sánchez Flores, matrona do Complexo Hospitalario da Coruña, cos obxectivos de “mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino”.

A actividade veu da man da Escola Galega de Saúde, a axencia ACIS de coñecemento en saúde e o Concello de Porto do Son. Abordáronse cuestións como os cambios evolutivos na muller e, tamén, como previr enfermidades propias do colectivo feminino. Nun plano máis concreto, púxose o foco na menopausa e na osteoporose, na prevención xinecolóxica, nos factores de risco, nos recursos de fisioterapia que teñen as participantes ao seu dispor e nos beneficios dunha alimentación saudábel e do exercicio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.