Catorce profesionais municipais participan no 1º encontro de técnicos de turismo da Costa da Morte e de Muros-Noia

17 Abril 2024

Un total de catorce técnicos de turismo celebraron o I Encontro de técnicos/as de turismo da Costa da Morte e Ría da Estrela (ría de Muros-Noia) en Carnota. Unha xuntanza na que participaron, entre outros, profesionais dos Concellos de Dumbría, Carballo, Ponteceso, Fisterra, Vimianzo, Zas, Coristanco, Muros, Serra de Outes e Porto do Son.

María Lago, técnica de turismo do Concello de Carnota, explica que “non se trata só dunha xornada teórica, senón de coñecer o territorio de primeira man e de interactuar entre nós para que poidan xurdir ideas e proxectos de interese para o territorio”. Espérase que este primeiro encontro sirva para que outros concellos lle dean continuidade a esta iniciativa co obxecto de crear sinerxías presentes e futuras.

Como comentaba María Lago, esta xuntanza completouse co desfrute dalgunhas experiencias turísticas no municipio de Carnota: a visita ás instalacións do Faro de Lariño, recentemente convertido en hotel; e o percorrido dun tramo da ruta Andar o Mar, salpicada de restos de construcións vinculadas ao mar como casetas de pescadores, antigas fábricas de salgadura e outras máis actuais como a piscifactoría de Lira ou antigas fábricas de conserva.

Para rematar, o grupo visitou a recentemente estreada Caseta de Pepe do Cuco, unha antiga caseta de pescadores que alberga o primeiro museo automatizado de Galicia, ao que se pode acceder a través dun código QR e que actualmente se atopa en fase de probas. No seu interior, varias persoas de Lira falan sobre a evolución do sector pesqueiro e a vida en Lira. O encontro concluíu cun xantar onde os técnicos puideron intercambiar sensación e opinións.

Cada vez son máis os concellos que apostan polo turismo e que contan con persoal técnico durante todo o ano. De aí xurdiu a necesidade de celebrar un encontro deste tipo entre os técnicos de turismo da zona co fin cunha dobre finalidade: dar a coñecer os recursos turísticos locais dos diferentes concellos da zona e compartir inquietudes, experiencias e posíbeis sinerxías, xa que se espera que este sexa o primeiro de moitos encontros deste tipo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.