Vento de máis de 130km/h e chuvias con acumulados de ata 60 litros en Galicia Este mércores 11, Nosa Señora de Lourdes, a influencia de Nils, unha profunda área depresionaria situada ao norte de Galicia deixará nas vindeiras horas unha xornada inestable nas Rías...
Este mércores 11, alerta laranxa por vento, choiva intensa e mar moi adversa en toda a costa
A Xunta de Galicia activa este mércores 11, a alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, e mantén a alerta laranxa por choiva no interior de Pontevedra, ao tempo que estende a todo o litoral galego a alerta laranxa por fenómenos costeiros. ...
Pesar polo falecemento do actor Gonzalo Rei Chao, da serie ‘Padre Casares’
O actor galego Gonzalo Rei Chao faleceu este martes en Ourense aos 80 anos, segundo confirmou a Academia Galega do Audiovisual. Coñecido por dar vida a personaxes icónicos da ficción galega, o seu pasamento causou unha fonda conmoción no sector audiovisual. Encarnou...
Rescatan tres persoas tras envorcar a súa embarcación no Grove
Tres persoas resultaron ilesas este martes tras envorcar a embarcación na que navegaban na zona do porto de Meloxo, no concello do Grove, e seren rescatadas por outra lancha que as trasladou a terra firme. O suceso produciuse pasadas as 18:30 horas, cando o 112...
A Xunta analiza cos patróns maiores a situación dos bancos marisqueiros de Noia, Muros e Porto do Son
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse hoxe cos patróns maiores das confrarías de Noia, Muros, Porto do Son e Portosín para avaliar a situación actual dos bancos marisqueiros da zona e procurar solucións conxuntas que dean resposta...
As Abadesas marcan este xoves o inicio do Entroido en Boiro
O Concello de Boiro, xunto coa colaboración de entidades e asociacións culturais do municipio, leva a cabo unha intensa programación de Entroido pensada para todas as idades que cubrirá unha manchea de xornadas, ata o 21 de febreiro. O programa de actividades deste...
A AEP converterá a praza do Curro nunha gran festa do Entroido (este domingo das 17 en adiante)
A AEP (Asociación de Empresarios e Comerciantes de Portosín) organiza a súa festa do Entroido este 15 de febreiro, domingo. A axenda inclúe un concurso infantil de disfraces e unha degustación de doces típicos e tradicionais destas festas (fillas e chocolate). O...
A Aula CeMIT de Padrón acolle no Entroido un campamento dixital para escolares de entre 8 e 14 anos
A Aula CeMIT do Concello de Padrón acolle este mes de febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido, un Campamento Dixital para formar á rapazada na vertente máis enriquecedora e segura das novas ferramentas tecnolóxicas. Celebrarase os días 16, 17 e 18 de...
O PSdG defenda a figura “imprescindíbel” de Castelao nun tempo de “discursos que borran as persoas”
O Grupo Socialista apoiou este martes 10 de febreiro, no pleno do Parlamento galego, a toma en consideración da Proposición de Lei, de iniciativa popular, sobre o dereito ao coñecemento da obra do rianxeiro Castelao, que o PP, segundo lembrou o PSdG, impediu que...
Este martes unha fronte deixará choivas intensas nas Rías Baixas e en Santiago durante a mañá
A entrada dunha fronte moi activa marcará o tempo este martes 10, San Gonzalo, en Galicia, especialmente nas Rías Baixas e na comarca de Santiago. Espéranse ceos moi nubrados dende primeiras horas da mañá, con precipitacións frecuentes e localmente intensas na metade...
Activada a alerta laranxa por choivas no interior de Pontevedra e por temporal costeiro a partir da mañá do martes
Suspéndense mañá as actividades no exterior nos centros educativos dos concellos do interior de Pontevedra pola alerta por chuvias, así como a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nesta zona A Xunta de Galicia activou desde esta madrugada do...
Grava un delincuente reincidente entrando no seu coche en Ribeira
Un veciño de Ribeira, Zacarie, logrou gravar o momento no que un coñecido delincuente reincidente accedía ao seu coche coa intención de roubar no seu interior. O home, que xa fora vítima doutros dous roubos previos atribuídos ao mesmo individuo, decidiu esta vez non...
Uns vinte axentes rexistran un chalé de Teo e un negocio de coches en Padrón
Unha vintena de axentes da Garda Civil e da Axencia Tributaria rexistran dende este luns un chalé en Teo e un negocio de compra-venda de vehículos en Padrón, nunha operación declarada secreta na que hai polo menos tres persoas detidas. Preto dunha vintena de...
A ANPA do CEP Xosé María Brea Segade mobilízase para defender os recursos do centro e reclamar melloras
A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña convocou para este martes 10 de febreiro, ás 14:25 horas, unha concentración fronte ao centro educativo. O obxectivo é reclamar o mantemento dos recursos actuais e esixir...
O BNG leva ao Parlamento a “situación crítica” da mina de San Finx
O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate en pleno coa que reclama actuacións urxentes ante a situación de abandono e o alto risco ambiental das presas de residuos mineiros da mina de San Finx, no...
Sanidade colabora co Concello de Padrón para reformar o Centro de Saúde, cun investimento de máis de 258.000 euros
A Consellería de Sanidade colaborará co Concello de Padrón para acometer a mellora do Centro de Saúde da localidade, unha actuación que suporá un investimento de preto de 258.413 euros. Para levar a cabo a reforma, o Concello de Padrón e a Xunta, por medio do Servizo...
Mar reúnese con AGALCARI para reforzar a posta en valor da carpintería de Ribeira
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo este luns 9 de febreiro una reunión coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARII), na que ambas as partes analizaron o estado actual do sector e estudaron liñas de...
A pianista boirense Elsa Muñiz presenta o seu formato “pianotelling” no 2º concerto do ciclo “Ao Son do Piano” no Museo de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra programa no Museo de Pontevedra a segunda actuación de Ao Son do Piano, un ciclo de concertos de música clásica contemporánea arredor do piano de cola do Museo. Despois do concerto de Javier Otero Neira este sábado pasado, o mércores 11 de...
David Casais e Elsa Santamaría, novos responsábeis de Galiza Nova na Barbanza
A asemblea comarcal de Galiza Nova, escolleu este sábado ás dúas persoas que terán responsabilidade de encabezar o traballo da organización xuvenil na comarca da Barbanza durante os vindeiros dous anos. Estas renovacións prodúcense, dentro do proceso iniciado na XVIII...
Emma Méndez e Jorge Puig gañan a Padrón 10K, que tivo unha grande participación
Jorge Puig (30.28) e Emma Méndez (35.03) impuxéronse con claridade na vixésimo terceira edición da Padrón 10K, que se celebrou este sábado 7 de febreiro contando cun récord de inscritos e unha masiva participación de atletas que desafiaron á choiva, incluso nas...
Este luns a chegada dunha fronte deixará máis chuvia e vento en Galicia ao final do día
Galicia comeza a semana sen cambios significativos na situación meteorolóxica, manténdose na influencia das baixas presións con ventos do suroeste. Así, agárdanse ceos nubrados con chuvias, máis intensas na metade oeste de Galicia. As temperaturas experimentarán un...
Choivas intensas poñen en risco o comezo da campaña marisqueira en Noia
A mortaldade masiva de berberecho na ría de Noia pola baixada da salinidade pon en xaque o inicio da campaña marisqueira prevista para comezos de marzo. As mostraxes feitas esta semana pola confraría confirman a morte do 80% do berberecho na ría. Impacto no...
O “Santa Isabel” protagonista dun artigo no diario “El Debate”
O xornal dixital "El Debate", publica este sábado un amplo artigo sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel do que recentemente cumplirone 105 anos e no que morreron 213 persoas. O artigo leva por título "La gesta de las heroínas de Sálvora y Cebreiro, almirante...
En Rianxo o Concello e XEA impulsan unha campaña de esterilización e chip de cans e gatos
O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Recollida e Atención de Animais Abandonados, e XEA Protección Animal, coa colaboración de Hospital Veterinario Ramiro Tubío e Agropose Veterinaria, están a promover esta tempada unha campaña de esterilización e...
Domingo de transición con máis chuvia e vento nas Rías Baixas e en Santiago cara a noite
Galicia vive este domingo unha xornada de transición marcada pola chegada dunha nova fronte atlántica, que se deixará notar con máis intensidade nas Rías Baixas e na área de Santiago nas últimas horas do día. Durante a mañá, os ceos estarán maioritariamente nubrados,...
Despedida emotiva en Ribeira ao xuíz Jesús Leal Rodríguez polo seu labor á fronte do Xulgado número 1
O Club Náutico de Ribeira acolleu unha comida oficial cargada de emoción e compañeirismo con motivo da despedida do xuíz Jesús Leal Rodríguez, que finaliza a súa etapa á fronte do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da localidade. O acto serviu como...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“O PP adiántase ao veredicto xudicial no caso Zapatero cun expresivo “non podería delinquir” de non ser polo Consello de Ministros”. Antón Luaces
José Luis Rodríguez Zapatero é o primeiro expresidente do Goberno español imputado xudicialmente, acusado de organización criminal, tráfico de influencias e falsificación documental. Sen embargo o xurista galego que fora fiscal do Tribunal Supremo español José Antonio...
“Regenerar las administraciones”. José Castro López
Siempre hubo casos de nepotismo en las administraciones públicas, pero nunca comoahora. La Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO) atestiguó que la tramaKoldo colocó en empresas públicas a parejas, amantes, amigas y asesores de un ministrodel Gobierno y hay...
“Al lío. Las verdades prioridades”. Alberto Barciela
Al margen de resultados coyunturales, es evidente que el Estado necesita de algunas decisiones consensuadas, pactadas, maduradas que permitan ajustar su funcionamiento a la demanda de los tiempos. Es más que probable que el consenso -a todas luces imposible en la...
“En el mapa autonómico imperan las coaliciones para poder gobernar”. Javier García Sánchez
PP y Vox condenados a entenderse ante la faltade mayorías naturales.Los adelantos electorales siguen otorgandovictorias, escaños y porcentajes pero no afianzanla hegemonía de una fuerza. Hasta la fecha se ha repetido un resultado muyparecido en cuatro ocasiones en...
“Agora Zapatero?. Custa traballo crelo” – Antón Luaces
Confeso que aínda manteño o asombro e que me custa un mundo crer que o expresidente Zapatero poda ser "outro aproveitado" da circunstancia de ter sido o espello no que moitos españois situábamos o sorriso e a cella como sinal do home de ben que moitos neste país de...



























