David Casais e Elsa Santamaría, novos responsábeis de Galiza Nova na Barbanza

09 Febreiro 2026


A asemblea comarcal de Galiza Nova, escolleu este sábado ás dúas persoas que terán responsabilidade de encabezar o traballo da organización xuvenil na comarca da Barbanza durante os vindeiros dous anos. Estas renovacións prodúcense, dentro do proceso iniciado na XVIII Asemblea Nacional, celebrada o 29 de novembro en Compostela.

As persoas elixidas son David Casais, como novo responsábel comarcal e Elsa Santamaría, como nova Responsábel de Organización. Deste xeito, Inés Vázquez e Yolanda Tarrío, darían un paso ao lado, tras catro anos liderando o traballo da entidade na comarca.

Os novos responsábeis comarcais sinalan que son moitos os factores que impiden e dificultan cada vez máis a emancipación da mocidade galega, por exemplo “a falta dun proxecto de futuro por parte da Xunta de Galiza para a comarca, en sectores clave da economía como a pesca, o marisqueo ou a
conserva, sumado á problemática de acceso á vivenda, xunto coa falta de servizos públicos como unha boa vertebración do transporte público na comarca”. Estes e outros factores, din, “imposibilitan un maior desenvolvemento da mocidade”. Por ende, pretenden, a través de Galiza Nova, continuar dando á mocidade da Barbanza unha ferramenta política na que poder organizarse para poder mudar a realidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.