Este mércores 11, alerta laranxa por vento, choiva intensa e mar moi adversa en toda a costa

10 Febreiro 2026

A Xunta de Galicia activa este mércores 11, a alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, e mantén a alerta laranxa por choiva no interior de Pontevedra, ao tempo que estende a todo o litoral galego a alerta laranxa por fenómenos costeiros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, agárdanse rachas de vento de ata 100 quilómetros por hora a partir de media mañá nestas zonas, polo que se recomenda retirar obxectos de tellados, balcóns e fiestras que poidan caer á rúa, así como evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, árbores, paneis publicitarios ou outros elementos susceptibles de desprazarse co vento. No interior da provincia de Pontevedra mantense a alerta laranxa por choiva intensa, polo que se pide extremar a precaución na condución, informarse do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas nin estacionar en ribeiras de ríos.

Comunicación aos concellos e servizos de emerxencias

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas, así como ás deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos. O obxectivo é reforzar a coordinación dos medios e garantir a protección de bens e persoas ante o episodio de inestabilidade previsto para as vindeiras horas.

Impacto nos centros educativos

Debido á alerta laranxa por choiva acumulada, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender durante toda a xornada de mañá, mércores 11, as actividades no exterior dos centros educativos dos 16 concellos da zona Interior de Pontevedra. Pola mesma razón, e pola alerta laranxa por vento, tamén quedan suspendidas as actividades ao aire libre nos centros dos 38 concellos da zona noroeste da Coruña e dos 15 concellos da Mariña de Lugo.

Temporal costeiro en todo o litoral

O fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa, que hoxe afecta ao noroeste e oeste do litoral da Coruña e á costa de Lugo, estenderase a partir da madrugada de mañá a todo o litoral galego, con mar combinada do oeste e ondas de ata 6 metros, que poderían acadar os 8 metros pola tarde. Prevese tamén vento do suroeste ou oeste de ata forza 8, polo que se recomenda extremar a prudencia nas actividades marítimas.

A Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nos concellos afectados polas alertas laranxas por choiva, vento e temporal costeiro. Os concellos afectados e os horarios de vixencia das alertas poden consultarse na web de Deporte Galego.

En relación co temporal marítimo, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, especialmente de diques, rompentes e paseos marítimos, para evitar golpes de mar. Tamén se recomenda extremar as medidas de seguridade en calquera actividade no mar e revisar cabos e amarres das embarcacións para minimizar riscos

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...