Uns vinte axentes rexistran un chalé de Teo e un negocio de coches en Padrón

09 Febreiro 2026

Unha vintena de axentes da Garda Civil e da Axencia Tributaria rexistran dende este luns un chalé en Teo e un negocio de compra-venda de vehículos en Padrón, nunha operación declarada secreta na que hai polo menos tres persoas detidas.

Preto dunha vintena de efectivos desenvolven desde primeira hora un rexistro nun chalé situado en Vilar de Calo, no concello coruñés de Teo. No operativo participan axentes da Garda Civil e da Axencia Tributaria, que se incautaron na vivenda de diversa documentación cuxo contido non transcendeu.

Polo menos tres persoas permanecen detidas no marco da operación e poderían ser residentes na vivenda rexistrada. Estas persoas están a participar como testemuñas nos rexistros dirixidos polas forzas de seguridade.

TVG

Rexistro ligado a un negocio en Padrón

A entrada e rexistro na casa de Vilar de Calo está relacionada cun operativo paralelo nun negocio de compra-venda de vehículos situado en Padrón. Neste establecemento continúan este luns as actuacións policiais, que se poderían prolongar nos vindeiros días.

A investigación permanece baixo segredo de sumario, polo que non transcenderon polo momento máis detalles sobre os feitos nin sobre o alcance dos presuntos delitos investigados. As fontes consultadas apuntan a que o operativo seguirá activo nos próximos días mentres se analiza a documentación intervida e se toman declaracións

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.