A AEP converterá a praza do Curro nunha gran festa do Entroido (este domingo das 17 en adiante)

10 Febreiro 2026

A AEP (Asociación de Empresarios e Comerciantes de Portosín) organiza a súa festa do Entroido este 15 de febreiro, domingo. A axenda inclúe un concurso infantil de disfraces e unha degustación de doces típicos e tradicionais destas festas (fillas e chocolate). O programa tamén inclúe actividades de animación infantil “para os reis e raíñas da casa”, como por exemplo obradoiros creativos para a rapazada. A celebración do Entroido en Portosín dará comezo ás 17.00 horas do domingo, na praza do Curro. Organiza a AEP coa colaboración do Concello de Porto do Son e o apoio da Deputación.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.