A Aula CeMIT de Padrón acolle no Entroido un campamento dixital para escolares de entre 8 e 14 anos

10 Febreiro 2026

A Aula CeMIT do Concello de Padrón acolle este mes de febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido, un Campamento Dixital para formar á rapazada na vertente máis enriquecedora e segura das novas ferramentas tecnolóxicas. Celebrarase os días 16, 17 e 18 de febreiro na Aula CeMIT. Vai dirixido á rapazada e á mocidade de entre 8 e 14 anos. Celebrarase en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas. Este mércores 11 pecha o prazo de inscrición. Esta pode facerse no Centro Social de Padrón ou a través do correo a correo@padron.gal, ou chamando ao 981 811 329.

O Concello convida a participar na actividade, unha boa ocasión para que os estudantes desfruten dunha experiencia de lecer educativo e tecnolóxico durante as vacacións do Entroido.

Esta actividade está financiada cos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Goberno de España.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.