Mar reúnese con AGALCARI para reforzar a posta en valor da carpintería de Ribeira

09 Febreiro 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo este luns 9 de febreiro una reunión coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARII), na que ambas as partes analizaron o estado actual do sector e estudaron liñas de colaboración en prol da preservación e promoción do patrimonio marítimo galego, en termos de adaptación ás novas tecnoloxías e á apertura de mercados.

AGALCARI ten un papel destacado na conservación dos oficios tradicionais vinculados ao mar, destacando a súa contribución á identidade cultural de Galicia, á xeración de emprego e á transmisión de coñecementos ás novas xeracións; un obxectivo que conta coa colaboración da Consellería do Mar, a través de distintos programas e liñas de apoio económico e técnico. 

A reunión enmarcouse na vontade da Administración autonómica de “manter un diálogo permanente co tecido asociativo vinculado ao mar que, neste caso, está dirixido a garantir a protección, valorización e proxección da potencialidade do legado tradicional marítimo das rexións costeiras”, explicaron dende a Consellería.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.