Despedida emotiva en Ribeira ao xuíz Jesús Leal Rodríguez polo seu labor á fronte do Xulgado número 1

06 Febreiro 2026

O Club Náutico de Ribeira acolleu unha comida oficial cargada de emoción e compañeirismo con motivo da despedida do xuíz Jesús Leal Rodríguez, que finaliza a súa etapa á fronte do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da localidade. O acto serviu como mostra de afecto e agradecemento entre o ámbito xudicial e as forzas de seguridade pola estreita colaboración mantida durante o seu tempo na praza, unha etapa que comezou no verán de 2025.

D.S.

Durante o encontro, o xefe da Policía Nacional en Ribeira, Diego Amaya, tomou a palabra para destacar publicamente a cooperación constante co maxistrado, subliñando a súa implicación, respecto institucional e traballo conxunto. Amaya valorou especialmente a coordinación que permitiu importantes resultados en materia de investigación e seguridade cidadá.

Á cita asistiron membros do grupo de Policía Xudicial, mandos e axentes de distintas unidades da Policía Nacional, así como efectivos da Garda Civil, nun ambiente de recoñecemento mutuo e compañeirismo.

Visiblemente emocionado, Jesús Leal Rodríguez agradeceu as palabras do xefe policial e lembrou a estreita colaboración e frutífera mantida cos corpos de seguridade desde a súa chegada ao xulgado. Destacou o traballo conxunto na loita contra o tráfico de drogas e na instrución de causas criminais de gran repercusión mediática, sinalando que se marcha coa “conciencia tranquila e a satisfacción do deber cumprido”.

O momento máis intenso do acto chegou ao peche da homenaxe, cando o xuíz recibiu o aplauso unánime dos presentes, poñendo fin a unha etapa caracterizada polo respecto institucional, a cooperación efectiva e o compromiso coa xustiza en Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.