Jorge Puig (30.28) e Emma Méndez (35.03) impuxéronse con claridade na vixésimo terceira edición da Padrón 10K, que se celebrou este sábado 7 de febreiro contando cun récord de inscritos e unha masiva participación de atletas que desafiaron á choiva, incluso nas categorías escolares.

Dos 1.653 atletas anotados nas diferentes categorías máis de 1.200 tomaron a saída nas diferentes categorías. Na proba de 5 quilómetros os máis rápidos na meta foron Iago Pereira (16.11) e Soledad Leiro (18.53).

A 10K estivo dominada dende o principio por Jorge Puig, que cruzou a liña de meta con medio minuto de vantaxe sobre Pablo Otero (31.01) e case un minuto antes que Anxo Bello (31.22). Na categoría feminina, Emma Méndez (35.03) tamén dominou a proba dende os primeiros metros, sacándolle máis de un minuto a Lucía Sicre (36.48) e dous minutos a Lamyae Himi (37.03).

Os atletas padroneses máis rápidos nesta edición en percorrer os dez quilómetros foron Jaci Mello (34.41) e Martina López Gestal (42.37).
Manuel González Pereira, de 73 anos e pertence ao club Running Arteixo, completou a 10K nunha hora e 16 segundos.
O Club Atletismo Sar levou un dobre galardón. O segundo posto por equipo e o premio ao club máis numeroso, xa que 25 atletas remataron a proba.
Na proba de 5K, homologada pola Federación Española de Atletismo ao igual que a 10K, os tres primeiros postos estiveron máis igualados na categoría masculina, con apenas 25 segundos de diferencia entre os tres primeiros: Iago Pereira (16.11), Brais García (16.19) e Miguel Alonso (16.36).

Na categoría feminina tamén estivo moi igualada e Soledad Leiro (18.53) foi gañando posicións ata cruzar a liña de meta por diante de Tania López e Daniela Bayón, que pararon o crono en 19.03.

O alcalde, Anxo Arca; o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, e a tenente de alcalde, Chus Campos, deron a saída da 10K.
A choiva que durante toda a tarde do sábado caeu en Padrón non foi impedimento para que esta vixésimo terceira edición da 10K contase cunha alta participación. Se a proba superou o récord de inscritos, con 1.653 persoas anotadas, finalmente tomaron a saída máis de 1.200 atletas de todas as idades, cunha alta participación nas categorías escolares. Preto de 200 nenos e nenas menores de 14 anos (máis da metade dos anotados) achegáronse ao Campo do Souto para tomar a saída e demostrar a puxanza do atletismo na comarca.
Nenos e nenas menores de 4 anos (categoría Pitufo) foron os primeiros en desafiar a choiva e abrindo unha competición á que lle seguiron as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14. Atletas maiores de 16 anos xa participaron na 5K ou na 10K.

Luis Mariño, e Chus Campos entregáronlle medallas aos participantes nas categorías escolares.

Premiacións
Anxo Arca e a concelleira Ana Castro entregaron os trofeos aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías.
As clasificacións completas poden consultarse na web de Emesports, neste tenlace). Os podios quedaron do seguinte xeito:
10K: Jorge Puig, Pablo Otero e Anxo Bello; Emma Méndez, Lucía Sicre e Lamyae Himi
Máster A: Eros Martin Caneda, Paola María Mochales, Patricia Montoto; Alberto Riveiro, Alberto Mariño e Álvaro Marín.
Máster B: Aída García, Andreia Ramos, Elena Miguens; Jaci Mello, Daniel Bargiela e Fernando Vázquez.
Máster C: Amparo Taboada, Mani Fernández; Lupe Vilar; José Nercellas, José Suárez e Santiago Falcón.
Sénior: Lucía Sicre, Lamyae Himi, Patricia Varela; Jorge PUig, Pablo Otero e Hugo García.
Sub-20: Aiala García, Carla del Río, Laura Fabeiro; Anxo Bello, Daniel Maneiro e Adrián Sear.
Sub-23:Emma Méndez, Isabel Caeiro, Nuria Tubío; Aleandro Rodríguez, Saúl Benítez e Nuno Moure.
Supermáster: Manuel González Pereira
Atletas locales: Jaci Mello e Martina López Gestal.
Clasificación por equipo: SD Compostela, Club Atletismo Sar e Club Triatlón Compostela.
5K: SoledadLeiro, Tania López, Daniela Bayón; Iago Pereira, Brais García e Miguel Alonso.
Sub-16: Daniela Bayón, Lucía Ageitos, Judit Barros; SergioSilva, Pablo Barreiro e Brais Redondo.
Sub-18: Tania López, Xulia Vidal, Lola Villar; aime Devesa, Sergio Pereira e Martín Cela.
Categorías escolares
Sub-10: Noa Martínez, Jacqueline Cobos, Érika Flores; Adrián Alarcó, Alejandro Farias e Luca Ramos.
Sub-12: Alma Vicente, Mireia Díaz, Ainara Rivas; Mateo Vilela, Adrián Rodríguez e Dylan Alarcón.
Sub-14: Aitana García, Noa Vales, Julia Fagilde; Xabier Rodil, Nicolás Amado e Antonio Sanmartín.




