Grava un delincuente reincidente entrando no seu coche en Ribeira

09 Febreiro 2026

Un veciño de Ribeira, Zacarie, logrou gravar o momento no que un coñecido delincuente reincidente accedía ao seu coche coa intención de roubar no seu interior. O home, que xa fora vítima doutros dous roubos previos atribuídos ao mesmo individuo, decidiu esta vez non enfrontarse a el e optou por rexistrar as imaxes para presentalas como proba ante a Garda Civil.

TVG

Tras presentar a denuncia, o sospeitoso foi detido, pero quedou en liberdade poucas horas despois. A situación xerou indignación entre os veciños, que aseguran sentirse impotentes ante o que consideran unha evidente falta de consecuencias para os autores destes delitos.

Na madrugada de onte, dous vehículos foron novamente forzados nun garaxe do lugar de Fafián, e as sospeitas volven apuntar ao mesmo home, coñecido na zona polos seus antecedentes e os seus problemas de drogadicción.

Nas últimas semanas rexistráronse máis de vinte denuncias por roubos en vehículos no municipio, o que levou aos residentes a reclamar unha maior presenza policial e medidas que poñan freo a esta vaga de delitos.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.