Activada a alerta laranxa por choivas no interior de Pontevedra e por temporal costeiro a partir da mañá do martes

09 Febreiro 2026

Suspéndense mañá as actividades no exterior nos centros educativos dos concellos do interior de Pontevedra pola alerta por chuvias, así como a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nesta zona

A Xunta de Galicia activou desde esta madrugada do martes a alerta laranxa por choivas no interior da provincia de Pontevedra e ampliará mañá o aviso por temporal costeiro ao litoral da Coruña e Lugo, segundo informou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O Goberno galego comunicou a situación de alerta aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, aos servizos náuticos, ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs provinciais, entre outros organismos.

Debido á alerta laranxa por chuvia acumulada, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender durante toda a xornada de mañá xoves día 10 as actividades no exterior dos centros educativos dos 16 concellos da zona Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

O episodio de choivas no interior de Pontevedra podería deixar acumulacións superiores aos 80 milímetros en 12 horas. Ante este escenario, recoméndase extremar as precaucións, circular con prudencia, informarse do estado das estradas, evitar atravesar zonas inundadas e manterse afastados das canles dos ríos.

Como consecuencia desta situación, a Comisión Escolar de Alertas acordou suspender durante toda a xornada de mañá as actividades ao aire libre nos centros educativos dos municipios do interior de Pontevedra, así como a actividade deportiva federada e do programa Xogade que se desenvolva no exterior.

Doutra banda, a alerta laranxa por temporal costeiro afectará o mércores ao noroeste e oeste do litoral da Coruña e á costa da Mariña lucense. Espérase mar combinada do oeste con ondas de ata seis metros, acompañadas de vento do suroeste de forza sete e, puntualmente, forza oito.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.