As Abadesas marcan este xoves o inicio do Entroido en Boiro

10 Febreiro 2026

O Concello de Boiro, xunto coa colaboración de entidades e asociacións culturais do municipio, leva a cabo unha intensa programación de Entroido pensada para todas as idades que cubrirá unha manchea de xornadas, ata o 21 de febreiro.

O programa de actividades deste ano comeza o xoves 12 de febreiro coa celebración do Xoves de Abadesas en Cabo de Cruz e continúa o venres 13 en Boiro co Venres de Abadesas, que contará coa actuación da charanga Vai de Baile pola rúa peonil.

As actividades do Xoves de Abadesas inclúen un viacrucis na vila de Cabo de Cruz que arrinca ás 18.00 horas no Bar Jubilados e prosegue no Bar Malecón, no Bar Centro, no Chiringuito de Benito, no Bar Mavi, no Bareto e na Abadía de San Enrique.

Respecto do Concilio de Abadesas que se celebra ao día seguinte, venres 13, ten un itinerario que arrinca ás 20.30 coa oración de vésperas no Centro Cultural e prosegue logo cunha procesión pola rúa peonil acompañada pola Charanga Vai de Baile, con parada de rezos en cada cruceiro. Sobre as 23.000 celebrarase unha parada na de Furia para “repoñer enerxías”. O concilio rematará á medianoite cos rezos e oracións no Farmassia e, logo, coa chegada á Pousada da Galiza Imaxinaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.