Rueda incorpora catro caras novas ao seu Goberno e elimina as vicepresidencias: O alcalde da Estrada faise cargo da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e María Martínez Allegue asume Vivenda. Antonio Gómez Caamaño ponse á fronte da carteira de Sanidade e Mª...
Xosé Luís Veiras Manteiga e Antonio Piñeiro rematan o libro de artista conxunto realizado ao abeiro do Espazo Cultural do Liceo Maritimo de Ribeira
O libro, titulado INZO, componse dun grupo de pezas poeticas de Antonio Piñeiro e catro pinturas orixinais de Veiras Manteiga. Tanto unhas como as outras foron plasmadas directamente pola man dos dous autores. Veiras Manteiga traballou os orixinais en técnica mixta:...
A Deputación da Coruña distingue aos mellores deportistas da provincia
Belén Toimil, Víctor Senra, o Racing de Ferrol, O Gran Camiño, Vero Boquete, o Club de Remo Cabo de Cruz, o Grupo Jrilo e ENKI, entre as persoas e entidades galardoadas este ano A Gala comezou cunha emotiva homenaxe a Arsenio Iglesias, Luís Suárez e Amancio Amaro,...
O BNG advirte en Ribeira do impacto da macrofactoría de Altri na Ría e no abastecemento de auga
O BNG informou dende Ribeira este sábado 14 de abril dos problemas que pode ocasionar a implantación da macrofactoría de Altri en Palas de Rei, en palabras da agrupación 2unha bomba medioambiental no corazón de Galiza que acende as alarmas tamén nos concellos que se...
Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha vivenda na Ermida, no concello de Rianxo
Os Bombeiros do Parque de Boiro recibiron este sábado 13 de abril, ás 22:32 horas, un aviso dun particular debido a un lume que se orixinara nunha vivenda na Ermida, na parroquia de Araño, Concello de Rianxo. Xa na zona e tras sufocar o lume, os bombeiros perciben...
Rueda reivindica a moderación ao tomar posesión como “servidor de Galicia”
Alfonso Rueda tomou posesión do seu cargo como presidente da Xunta, o sexto da autonomía, pero sobre todo como "primeiro servidor de Galicia", segundo afirmou no acto celebrado no parque de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ante un milleiro de persoas convidadas....
Sufocado un incendio dun vehículo na Pobra do Caramiñal e outro en Boiro
Os Bombeiros do Parque Comarcal de Boiro recibiron hoxe, 13 de abril, a primeira hora da tarde un aviso dun incendio dunha furgoneta na estrada AG11. Tras chegar á zona, o equipo de bombeiros procedeu a apagar o lume e atender á persoa condutora do vehículo que sufriu...
A Pobra saca á luz a historia do campo de concentración do Pozo nun exercicio de xustiza, reparación e memoria
Dignifica-la memoria de todas aquelas persoas que loitaron pola defensa dos principios democráticos durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, así como poñer sobre o mapa aqueles lugares vinculados a estes episodios. Esta é a reflexión baixo a que se rexeron os...
Detido un veciño de Rianxo acusado de nove roubos no interior de vivendas
Garda Civil A Garda Civil do Posto de Rianxo detivo a un home desta localidade como presunto autor de 9 delitos de roubo con forza no interior de vivendas. Segundo a información proporcionada polo corpo, nos últimos meses rexistráronse na zona unha serie de delitos...
O Museo do Gravado de Artes amosa a exposición do artista Néstor Goyanes
O Museo de Gravado de Artes presenta a exposición "Soñar ou encontro: cartas ao mar", onde o artista Néstor Goyanes convida os espectadores a embarcarse nunha viaxe emocional, histórico e cultural centrado no éxodo galego. Xoán Pastor Rodríguez, director do museo,...
Ciro Briones presenta na Pobra o ensaio “Da caverna a acrópole”
O público da Pobra do Caramiñal asistiu na tarde do 12 de abril á presentación do ensaio Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica, de Ciro Briones. Con esta obra, o autor une filosofía e ensinanza, poñendo o foco na importancia da construción do...
A exposición “Vieiros” de Veiras Manteiga chega á Casa da Cultura de Outes
Este venres 13 de abril ao serán inaugurouse na Casa da Cultura a exposición Vieiros do artista afincando na nosa comarca Veiras Manteiga, quen estivo acompañado na apertura da mostra polo concelleiro de Cultura, Anxo Núñez. A exposición estará dispoñíbel para a súa...
O Museo do Gravado de Artes achéganos cunha serie de cursos aos segredos da técnica “gyotaku”
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai organizar esta primavera un ciclo de obradoiros de gravado gyotaku, dirixido polo profesor José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e Instituto Universitario de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación da...
O vindeiro martes preséntase no IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto Care4You no que participan AGADEA e Mestieri Lombardia
A Asociación AGADEA Alzhéimer e a entidade italiana Mestieri Lombardia van celebrar o vindeiro martes 16 de abril unha xuntanza transnacional de estudantes no IES Félix Muriel de Rianxo. Trátase dunha xornada abeirada ao proxecto Erasmus+ entre España e Italia para...
Líderes empresariais inciden na relevancia da ética e a sustentabilidade para o progreso económico e social no II Encontro de Empresarios celebrado en Santiago
Hospedería de San Martín Pinario acolleu o II Encontro de Empresarios, impulsado polo arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, no que participan máis de douscentos empresarios, directivos e profesionais que reafirmaron o seu...
A exposición de Amicos sobre o autismo recala na Pobra (acompañada da historia de Carlos, usuario do fogar da asociación)
Logo de desembarcar nas rúas de Ribeira e Porto do Son, a mostra sobre o autismo da asociación da nosa comarca Amicos chegou á Pobra do Caramiñal este venres, 12 de abril. Ao acto de benvida acudiu a vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias, o alcalde do municipio,...
Manuel Ruiz presenta ao Senado dúas iniciativas en favor das peixerías tradicionais e polo recoñecemento das confrarías como organizacións de produtos pesqueiros
O voceiro de Pesca do Partido Popular no Senado, Manuel Ruiz Rivas, presentou na Cámara Alta dúas iniciativas destinadas a, por unha parte, apoiar ás pescaderías tradicionais ante tres novas disposicións normativas que poden ameazar a súa subsistencia, e por outra, en...
Ecoloxistas e confrarías celebran que Augas de Galicia revogase a autorización de verteduras de augas na mina de San Finx
Ecoloxistas en Acción e todos os colectivos sociais e do mar agrupados na plataforma contra as verteduras da mina de San Finx, situada en Lousame, veñen de celebrar que Augas de Galicia resolvese revogar a autorización de verteduras de augas residuais que outorgara...
O Concello e o IES da Pobra despiden aos estudantes portugueses que participaron nun intercambio Erasmus+
O IES da Pobra do Caramiñal pechou este venres 12 de abril un novo capítulo na súa vida educativa coa despedida dunha nova delegación de visitantes dentro do proxecto do Erasmus+: doce persoas, oito estudantes e catro profesores, procedentes do centro de estudos do...
O Concello de Lousame convoca unha nova edición dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta para maiores de 60 anos
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convocou a edición número 21 dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades dirixidas a manter e...
O Vilar (Araño) celebra o 27 de abril o festival para todos os públicos “Namórate da aldea”
O sábado 27 de abril será finalmente cando se celebre no Vilar (O Araño, Rianxo) o festival cultural Namórate da aldea, logo de que a organización do evento se vise obrigada a adialo por mor da chuvia o pasado 6 de abril. A cita vén da man da Asociación Cultural A...
O Concello de Boiro recibe unha subvención para acondicionar o Centro Arqueolóxico do Barbanza
O Concello de Boiro recibiu da Axencia Galega de Turismo unha subvención para a mellora da accesibilidade e acondicionamento do Centro Arqueolóxico de Neixón (Centro Arqueolóxico do Barbanza). O orzamento subvencionábel ascende aos 50.000 euros e ten como finalidade...
BNG defende recuperar os cantís de Tanxil-Pedra Vixía-Tronco e urxe o Goberno a actuar
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para que o MITECO, a través da Demarcación de Costas, tome medidas que permitan reducir o risco na seguranza para as persoas despois de varios desprendementos e corrementos de terra, "un perigo...
O Concello da Pobra do Caramiñal, depositario da Copa Galicia de Vela
O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal viviu na tarde deste 11 de abril un acto a través do cal o Concello da Pobra do Caramiñal convértese temporalmente en depositario da Copa Galicia de Vela, triunfo que ostenta o Club Náutico Arousa Norte. Manuel...
Trescentos nenos e nenas de Rianxo gravarán este venres dúas cancións con Pauliña e Xurxo Souto para o proxecto Embaixadores Rock in Rian
O músico e escritor coruñés Xurxo Souto Trescentos nenos e nenas de Rianxo gravarán este venres 12 de abril, no Auditorio Municipal, dúas cancións con Pauliña e Xurxo Souto para o proxecto Embaixadores Rock in Rian. Os estudantes do colexio Brea Segade e os do A.D.R....
A Deputación valora a inclusión dos petróglifos de Fontemoureira (Outes) no proxecto Parque Compostela Rupestre
O deputado responsábel da Área de Patrimonio da Deputación, Xosé L. Penas, visitou este xoves 11 de abril o concello de Outes. Fíxoo acompañado da deputada provincial Soledad Agra e do alcalde, Manuel González López, para coñecer de primeira man os petróglifos que hai...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Taittinger y Costiña, o como celebrar la vida con calidad y sencillez”. Alberto Barciela
La emoción transmitida por la conjunción de dos equipos, Taittinger y Costiña, dos tradiciones unidas en un único objetivo, hacer “burbujear” de felicidad a los participantes en una degustación de champán y grandes recetas, un maridaje de vinos espumosos franceses y...
“¿Libros malditos? O mentes débiles”. Manuel Dominguez
El guardián en el centeno J. D. Salinger .Algunas veces, cuando puedo y tengo la oportunidad me gusta pasar por la experiencia y hablar en primera persona.En este caso quiero leer, El guardián entre el centeno, para poder comprender los hechos.El Guardián… fue el...
“O postfranquismo revive as águias e o Cara ao Sol reverdece a pel seca”. Antón Luaces
Houbo un tempo no que España enteira -coas excepcións das que foran "posesións españolas en África" e parte das illas Canarias- era verde, marabillosamente verde, con algunha que outra desertificación ou zona necesitada de auga, pero maioritariamente verde. Eran...
“Díaz Nosty y el genocidio casi olvidado de los Selknam”. Alberto Barciela
En “SIN DIOS”, el experimentado periodista, investigador y docente, regresa para rescatar del olvido un infierno en Tierra de Fuego desde una perspectiva en la que no se reconoce más dios que el que “transita por los reinos de la codicia, el amor y la muerte, la...
“Verter ata a derradeira pinga do seu sangue”. Antón Luaces
O acordo acadado o xoves entre os partidos políticos PSOE e BNG, PSOE e Junts e PSOE e PNV -como antes PSOE e Bildu e PSOE e ERC- para permitir que o candidato socialista Pedro Sánchez, que arestora dispón de maioría absoluta no Congreso dos Deputados grazas...



























