Ecoloxistas e confrarías celebran que Augas de Galicia revogase a autorización de verteduras de augas na mina de San Finx

12 Abril 2024

Ecoloxistas en Acción e todos os colectivos sociais e do mar agrupados na plataforma contra as verteduras da mina de San Finx, situada en Lousame, veñen de celebrar que Augas de Galicia resolvese revogar a autorización de verteduras de augas residuais que outorgara fai agora un ano, en febreiro de 2023, e que puxera en pé de guerra a toda a comarca.

Segundo indicaron, “a revogación produciuse logo de que os colectivos sociais puxesen en evidencia como a empresa viña ignorando o condicionado repetidamente da autorización, o que levou a que a principios deste ano se impuxese unha sanción de 180.000 euros pola comisión dunha infracción grave deriva das verteduras con concentracións elevadas de substancias tóxicas incluíndo cadmio, cobre, cinc e níquel”.

A autorización tamén fora recorrida xudicialmente tanto por Ecoloxistas en Acción como polas confrarías de pescadores de Noia e Portosín así como por varios concellos da ría, dadas as irregularidades no procedemento de autorización. Aínda  que os colectivos festexan unha resolución que frea “en seco a vertedura de case 1000 millóns de litros de augas residuais ao ano”, consideran que “o paso da Xunta busca evitar que os pronunciamentos xudiciais expoñan as irregularidades, que tamén son obxecto dun procedemento penal separado”.

Para os colectivos ecoloxistas, “a decisión anunciada hoxe dá a razón aos numerosos colectivos persoados no procedemento, que desde 2016 veñen poñendo en evidencia as falsidades da empresa mineira e da Consellería de Economía e Industria, mais non pon fin ao conflito”. Por iso, Ecoloxistas en Acción anuncia novas accións xunto cos demais colectivos da plataforma para poñer “unha solución definitiva ás verteduras da mina, que pasa polo selado e taponado das galerías de desaugue e a reindundación  das labores mineiras en condicións de seguridade a perpetuidade”.

Tamén iniciarán medidas legais para esixir a revisión e cumprimento do plan de restauración aprobado ilegalmente en 2009, incluíndo a eliminación da escombreira e a retirada dos residuos mineiros acumulados nas presas e balsas construídas sobre o leito do río e que se encontran en estado crítico. “A finais de 2020 a Xunta aprobou unha actualización do plan de restauración cun orzamento de apenas 187.000 euros, cando desde os colectivos ecoloxistas e do mar cifrabamos o custo necesario en non menos de 10 millóns de euros”, denuncia Joám Evans, voceiro de Ecoloxistas en Acción e da plataforma comarcal.

Outros artigos

Martes regresan as choivas que continuarán durante os próximos días

Este martes teremos ceos nubrados durante a mañá con precipitacións de intensidade moderada, quedando nun réxime de chuvascos localmente treboentos acompañados dalgunha saraibada pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado ascenso, mentres que as máximas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...