
Este venres 13 de abril ao serán inaugurouse na Casa da Cultura a exposición Vieiros do artista afincando na nosa comarca Veiras Manteiga, quen estivo acompañado na apertura da mostra polo concelleiro de Cultura, Anxo Núñez. A exposición estará dispoñíbel para a súa visita no horario habitual do dito inmóbel ate o 31 de maio.
Xosé Luís Veiras Manteiga é un artista compostelán que dende hai anos está afincando na nosa comarca. Premio Barbantia á Traxectoria Cultural (edición 2023), reside na aldea de Camboño (Lousame).
Na mostra Vieiros propón unha viaxe pictórica polo espazo artístico que ten habitado ao longo dos últimos anos, o esencialismo, logo de transitar as contornas da abstracción, do postimpresionismo, o expresionismo, o poscubismo, o minimalismo e mesmo o naif.




