“O postfranquismo revive as águias e o Cara ao Sol reverdece a pel seca”. Antón Luaces

11 Novembro 2023

Houbo un tempo no que España enteira -coas excepcións das que foran “posesións españolas en África” e parte das illas Canarias- era verde, marabillosamente verde, con  algunha que outra desertificación ou zona necesitada de auga, pero maioritariamente verde. Eran tempos nos que todos nos poñiamos -uns porque así o querían, outros porque os obrigaban- cara ao sol, quen con camisas vellas moitas veces herdadas quen con camisas novas bordadas en roxo, que agora agroman como evidencia de que algo que estaba sementado, en tempo de seitura política como o actual mobiliza -que curioso!- a cantos permanecian agochados, caladiños coma petos pero á espreita, sabedores de que terían o seu momento de groria, a súa oportunidade, en canto alguén botara a voar as águias que, pola morte de Franco,  crimos que xa non aniñaban na España “camisa branca da miña esperanza” -canción de Víctor Manuel baseada en versos de Blas de Otero, que cantou  Ana Belén-  que se fixo democrática pola aceptación maioritaria do pobo español dunha Constitución da que nos dotamos en 1978 e que o Rei de España, Juan Carlos, asinou no Palacio das Cortes o 27 de decembro do mesmo ano 78 do século pasado.

Esa España, aquela España que agora é de todos, semella sen embargo ser dunha parte moi exclusiva dos habitantes da mesma nación que compartimos polo feito de sermos españois, aínda que non participemos nas algaradas que os de aquí e os de acolá organizan nun intento de probar que, finado o xeneral de Ferrol que chegou a ser xefe do Estado español após unha guerra civil, son quen de resucitalo por máis que se  trasladen os seus restos dun a outro lugar.

Ven ser que queren demostrar que se non é el, Franco, sí son as camadas dos que un día o sacaron baixo palio os que manteñen  vivas as súas teorías que negaban e negan espazo ás esquerdas para abriren vías a dereitas estremas nas que alindan espécimes que entenden que as rúas son súas do mesmo xeito que é da súa propiedade exclusiva o símbolo nacional por excelencia que é a bandeira que eles levan ondeando no vento, nunha pulseira, nunha garabata, con fachenda infinda. E todo porque alguén con votos insuficientes para gobernar e sen posibilidades de pactos descualifica a aquel outro que, co apoio de partidos políticos cos que se entende, pode chegar a ser investido presidente do Goberno.

Ai, sí: polo medio está a amnistía e as compensacións a Catalunya e Euskadi, malia saberen que se trata –dixo o candidato a presidente- dunha medida xeral a aplicar en función da realidade de cada comunidade autónoma.

Por isto hai algún ferido, mallados, detidos, previsiblemente sancionados?… Hai verdadeiros motivos -alleos ao descontento de tal ou cal partido- para tanta protesta, tanto insulto, tanta águia, tanto saúdo brazo en alto, tanto canto ao sol mesmo en cidadáns que nen siquera viron vivo ao promotor de todos estes acenos pseudopatrióticos?… 

Se os que veñen o fan mal, o cidadán ten a solución nas máis ou menos próximas eleccións. E morra o conto.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.