Os Bombeiros do Parque Comarcal de Boiro recibiron hoxe, 13 de abril, a primeira hora da tarde un aviso dun incendio dunha furgoneta na estrada AG11.
Tras chegar á zona, o equipo de bombeiros procedeu a apagar o lume e atender á persoa condutora do vehículo que sufriu queimaduras de primeiro grado.
Apagado o lume e atendido o condutor, procedeuse a retirar o vehículo da vía e proceder á limpeza da estrada.
Completaron a intervención a Policía Local , Garda Civil de Tráfico e servizos médicos do 061.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro ven de intervir na extonción de incendio de vehículo na AG-11 ao seu paso polo Concello de Pobra do Caramiñal.
Por outra banda onte tamén se rexistrou o incendio dun vehículo en Comoxo en Boiro

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviu en incendio de vehículo en Comoxo no Concello de Boiro.



