BNG defende recuperar os cantís de Tanxil-Pedra Vixía-Tronco e urxe o Goberno a actuar

12 Abril 2024

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para que o MITECO, a través da Demarcación de Costas, tome medidas que permitan reducir o risco na seguranza para as persoas despois de varios desprendementos e corrementos de terra, “un perigo que pode verse incrementado despois da tala de árbores na zona”, sinalou, ao mesmo tempo que demandou a Transición Ecolóxica “deseñar un proxecto integral para a recuperación dos cantís de Tanxil – Pena Vixía – Tronco dotado dos recursos necesarios para evitar novos derrubamentos”.

Segundo lembrou, o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu recentemente, levar a cabo unha tala de árbores en Tanxil, “unha intervención que pode agravar a situación e provocar novos desprendementos de terras e pedras, como os que xa se teñen producido e que ocuparon o paseo marítimo en distintos puntos”. Este risco, de feito, supuxo a necesidade de cortar o acceso ao tráfico e ás persoas viandantes en puntos de Tronco, recordou, engadindo que o Goberno do Estado e concretamente o MITECO, a través da Demarcación de Costas, “debe levar a cabo actuacións que permitan consolidar o terreo e evitar os derrubamentos que aínda a día de hoxe seguen a pór en risco a seguranza das persoas”.

“A actuación nesta área”, sinalou o deputado do BNG, “é cada vez máis urxente e necesaria”.

En opinión do deputado nacionalista, o Goberno debe atender as demandas da veciñanza e “adoptar á maior brevidade” as accións necesarias para evitar riscos para as persoas e lograr a recuperación desta área da costa. “A Demarcación de Costas debe deseñar un proxecto integral de recuperación dos cantís de Tanxil e Tronco, dotado dos recursos necesarios, ademais de facer un adecuado seguimento e inspección deste tramo mentres non se levan adiante as accións de recuperación e consolidación, especialmente onde se produciu a tala de árbores que, en principio, axudaban a soster o terreo e evitar así novos derrubamentos”, aseverou Rego.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.