O Concello da Pobra do Caramiñal, depositario da Copa Galicia de Vela

12 Abril 2024

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal viviu na tarde deste 11 de abril un acto a través do cal o Concello da Pobra do Caramiñal convértese temporalmente en depositario da Copa Galicia de Vela, triunfo que ostenta o Club Náutico Arousa Norte. Manuel Villaverde e Juan Santamaría, presidentes da Real Federación Galega de Vela e do Club Náutico Arousa Norte, respectivamente, fixeron entrega do trofeo ao alcalde, José Carlos Vidal, quen agradeceu a mostra de xenerosidade. “Isto é un gran xesto, non só coa Administración local en si, senón con toda a veciñanza da Pobra do Caramiñal porque poderán contemplar este espléndido trofeo na súa casa, na casa do concello”, manifestou Vidal.

Histórico trofeo

Unha histórica copa que data da época de Alfonso XIII, segundo apuntou Villaverde, e que se exhibirá nunha vitrina nos sucesivos meses no primeiro andar do consistorio grazas ao bo facer das tripulacións do Thor II, Chispetren, Alpha e Camping Ría de Arousa, tal e como precisou Santamaría; un gran logro para a entidade fundada no 2019 que “agardamos que sexa o punto de partida para que neste concello se afiance a práctica da vela.” Porque como ben dixo o presidente da Federación, “temos unhas rías marabillosas para poder realizar a nosa actividade.”

Precisamente, o rexedor enxalzou A Pobra como un referente no eido deportivo e, ao ser localidade mariñeira, posúe un forte vínculo cos deportes náuticos. Un deles, a vela. Este tamén xoga un papel importante a nivel turístico ao poñer en valor o patrimonio paisaxístico e contribuír a dinamizar a vida social e económica.

Durante o acto, aproveitouse a ocasión para homenaxear a traxectoria do regatista José Manuel Pombar, quen recibiu unha peza do artista local Manuel Teira. Baixo o nome O carreiro do mar, trátase dunha figura elaborada en granito negro de Campo Lameiro; unha obra abstracta cuxa estética replica as liñas imaxinarias que traza a rosa dos ventos. Como declarou o propio escultor e pintor durante unha intervención na que houbo oco para a anécdota, “agardo que vos amose as coordenadas precisas da luz.”

O homenaxeado amosouse agradecido e quixo compartilo con todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte do equipo. Unha trintena de nomes, sen os que “non podería participar en tantas regatas, nin conseguir tantos premios.”

Tres décadas dedicándose á súa paixón, á vela, como destacou o mandatario local no momento da felicitación.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.