O Concello e o IES da Pobra despiden aos estudantes portugueses que participaron nun intercambio Erasmus+

12 Abril 2024

O IES da Pobra do Caramiñal pechou este venres 12 de abril un novo capítulo na súa vida educativa coa despedida dunha nova delegación de visitantes dentro do proxecto do Erasmus+: doce persoas, oito estudantes e catro profesores, procedentes do centro de estudos do Agrupamento de Escolas Dr Ginestal Machado, en Santarém. A estadía do alumnado pobrense no país veciño produciuse no mes de febreiro e agora tocoulle ao portugués vir desfrutar da experiencia.

Durante esta semana afondaron no benestar emocional con distintas accións, ademais das habituais excursións para coñecer a contorna. Como manifestou o alcalde, José Carlos Vidal, durante a recepción no salón de plenos da Casa Consistorial, “son experiencias moi positivas para a rapazada no seu crecemento persoal e académico”, pero tamén para o profesorado e as familias.

Foron, segundo o Concello, “días de vivencias, de intercambio de culturas, de aprendizaxe, de relacións sociais, de combinación de ensinanza e de actividades de lecer”. A isto tamén se referiu o director do instituto, Alejandro Bobillo, quen asistiu coa representación do centro pobrense e quixo agradecer a implicación das distintas partes activas desta iniciativa, tanto da comunidade educativa coma dos núcleos familiares e, por suposto, dos/as estudantes.

En representación da escola de Santarém falou Natalia Duarte, unha das profesoras. Amosouse moi agradecida por “levarnos a coñecer outra cultura, abrirnos as súas casas, os seus corazóns…” Unha viaxe da que se enriqueceron e espremeron o que puideron, segundo apuntou.

O Concello recibiu como agasallo por parte da delegación portuguesa o libro Aves no Ribatejo. Alentejo, de José Freitas, mentres que eles e elas levaron cadansúa bolsa con material divulgativo sobre A Pobra coas que o rexedor desexou que “agardo que esta sexa a primeira viaxe de moitas máis oportunidades de visitar a nosa vila”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.