A centenaria aguiñense Paquita Lampón recibe a felicitación do Goberno local

14 Maio 2024

O alcalde de Ribeira Luís Pérez, o tenente alcalde Vicente Mariño e o concelleiro de Mar Fernando Abraldes estiveron este martes 14 de maio na parroquia de Aguiño para felicitar en persoa a Paquita Lampón Argibay veciña que vai celebrar 104 anos.

Recibiu un ramo de rosas vermellas de parte do Concello nun pequeno xesto de festexar a súa lonxevidade. Paquita comezou a traballar desde moi nova, con tan só nove anos, limpaba bocareu para logo enlatar na fábrica de Cardona. Paquita ten 5 netos, 3 bisnetos e 10 afillados.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.