O Museo do Gravado de Artes achéganos cunha serie de cursos aos segredos da técnica “gyotaku”

13 Abril 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai organizar esta primavera un ciclo de obradoiros de gravado gyotaku, dirixido polo profesor José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e Instituto Universitario de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación da USAL). Os cursos están limitados a 13 prazas por sesión e van dirixidos a artistas plásticos e/ou licenciados/as en Belas Artes ou xente interesada no mundo da estampa. As prazas son limitadas e realizaranse por rigorosa orde de inscrición en fundartes@fundartes.gal

Os cursos realizaranse os días 7, 8 e 9 de xuño de 2024 e 10, 11 e 12 de xuño de 2024 (só podemos incribirnos nun dos dous cursos).

O gravado gyotaku, para quen nono o saiba, o gyotaku é un método tradicional artístico xaponés. Esta técnica consiste na impresión natural dun obxecto, na súa orixe peixes (gyotaku é unha palabra composta na que “gyo” significa “peixe” e “taku” significa “fregar”). Esta técnica data de mediados de 1800. Trátase dunha forma de impresión natural que foi empregada usada por pescadores que querían ter un rexistro das súas mellores capturas, pero tamén converteuse nunha forma de arte.

Gyotaku de peixe/ DigiPub / J.G. Wang

Horario dos cursos
Venres: de 16.00 a 20.00 h
Sábado: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo: de 10.00 a 14.00 h

Luns: de 16.00 a 20.00 h
Martes: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Mércores: de 10.00 a 14.00 h

Profesores
José Fuentes Esteve
Antonio Navarro
Isabel Carralero

Lugar da realización
Obradoiro de Gravado da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital
Lugar de Outeiro, 52 – 15969 – Artes (Ribeira – A Coruña)
Tlf.: 981871342
Email: fundartes@fundartes.gal

Prezo da inscrición 350 €
Más información no teléfono 981 871 342 ou no e-mail: fundartes@fundartes.gal

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.