
O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027.
As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como artísticas, todas elas co obxectivo común de achegar lecer creativo, coñecemento, dinamización social e autonomía persoal.
Inclúense as seguintes actividades
· Bolillo
Xoves de 16:30 a 20:30 horas
· Pintura
Xoves de 18:00 a 20:00 horas
· Pintura
Sábados de 10:00 a 12:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas
· Bordado e vainica
Sábados de 16:30 a 19:30 horas
As actividades realizaranse no 1º andar Praza de Abastos no primeiro andar
Para anotarse ou solicitar máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse ás profesoras no lugar e horario correspondente a cada curso.



