Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

16 Outubro 2026

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez que achega ás xeracións máis novas unha figura clave das nosas letras como é Rosalía. Na presentación participaron o secretario xeral de Lingua, Valentín García, o presidente da fundación con sede en Padrón, Anxo Angueira, e máis Fuencisla Cid, directora rexional de Comunicación, Relacións Institucionais, Marketing e Sustentabilidade en El Corte Inglés para Galicia e Asturias.

García fixo fincapé en que estamos “un certame xa consolidado ao que nos sumamos para reforzar a implicación da comunidade educativa nunha iniciativa que impulsa o talento literario e a escrita na nosa lingua”. Deste xeito, resaltou a importancia de “xerar propostas de interese ao redor do galego que motiven á mocidade no contexto dos centros de ensino”.

O concurso está aberto ao alumnado do curso 2026-2027 e divídese en tres categorías: o terceiro ciclo de Primaria (5º e 6º curso), o primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º curso) e o segundo ciclo de Secundaria (3º e 4ºcurso ). Os traballos, que deberán ser orixinais e escritos en lingua galega, poden remitirse ata o 15 de xaneiro de 2027 aos departamentos de Comunicación de calquera dos centros de El Corte Inglés en Galicia, e tamén poderán entregarse persoalmente nas súas librarías.

As bases da convocatoria, que establece un primeiro premio e dous accésits por cada categoría a través de tarxetas agasallos, están dispoñíbeis nas páxinas web da Fundación Rosalía de Castro e de El Corte Inglés, para a súa consulta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.