Ciro Briones presenta na Pobra o ensaio “Da caverna a acrópole”

13 Abril 2024

O público da Pobra do Caramiñal asistiu na tarde do 12 de abril á presentación do ensaio Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica, de Ciro Briones. Con esta obra, o autor une filosofía e ensinanza, poñendo o foco na importancia da construción do pensamento crítico para o desenvolvemento persoal e académico do alumnado.

O acto desenvolveuse no Auditorio do Museo Valle-Inclán coa participación do escritor arroupado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o integrante da A. C. Barbantia, Xesús Laíño; a representante do Departamento da Lingua Española da UVigo, Ana Fernández; e o director do Servizo Publicacións da UVigo, Jorge Luís Bueno.

Durante a súa intervención, a edil enxalzou as posibilidades da filosofía para tódolos ámbitos da vida, incluídas, por suposto, as diferentes manifestacións artísticas. “A filosofía é unha materia moi valiosa no ámbito académico, especialmente, na adolescencia; uns anos cruciais no desenvolvemento da personalidade e na aparición de moitos dos intereses que manterán cando sexan adultos, por iso teñen que facerse preguntas, dubidar e explorar para formar un criterio propio e determinar uns valores”, declarou.

Este libro tenta reivindicar a conciencia persoal e social como parte da formación educativa e indaga nos autores e autoras referentes do pensamento ao tempo que aporta interesantes propostas educativas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...