Trescentos nenos e nenas de Rianxo gravarán este venres dúas cancións con Pauliña e Xurxo Souto para o proxecto Embaixadores Rock in Rian

12 Abril 2024
O músico e escritor coruñés Xurxo Souto

Trescentos nenos e nenas de Rianxo gravarán este venres 12 de abril, no Auditorio Municipal, dúas cancións con Pauliña e Xurxo Souto para o proxecto Embaixadores Rock in Rian. Os estudantes do colexio Brea Segade e os do A.D.R. Castelao realizarán os seus rexistros sonoros ás 10 e ás 12 da mañá, respectivamente. As gravacións completaranse o luns cos alumnos do colexio Ana María Diéguez, que gravarán un tema con Sés, e os do IES Félix Muriel que o farán con Dios Ke Te Crew. As catro cancións serán editadas nun vinilo e o proxecto quedará rexistrado nun documental.

En total, participarán na experiencia máis de 500 rapaces e rapazas de Rianxo, repartíndose nas sesións programadas para este venres, e tamén para o luns.

A iniciativa forma parte do proxecto Embaixadores Rock in Rian, impulsado polo festival do mesmo nome, que pretende achegar a música galega e os seus protagonistas aos máis cativos pero “facéndoo dun xeito participativo, de xeito que elas e eles non só sexan os espectadores senón tamén os protagonistas”.

As gravacións deste venres terán lugar no Auditorio de Rianxo. Ás 10 da mañá serán arredor de 150 nenos e nenas do colexio Brea Segade as que gravarán unha canción con Pauliña. Ás 12 de mediodía serán outros 150 alumnos e alumnas do colexio A.D.R. Castelao os que farán o propio con Xurxo Souto.

As gravacións continuarán o luns. Tamén arredor de 150 estudantes do colexio Ana María Diéguez gravarán unha canción con Sés. Será tamén no auditorio de Rianxo.

Ao mesmo tempo, arredor de 6o alumnos e alumnas de Secundaria do IES Félix Murial desprazaranse o luns ata Ordes para rexistra un tema xunto a Dios Ke Te Crew nos seus estudos de gravación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...