A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou co patrón maior da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto integral de restauración de hábitats e zonas de produción...
Carlos Regueira presentará este venres en Noia o seu libro “O marisqueo en Galicia”
O vindeiro venres 10 de xullo o autor muradán Carlos Regueira presentará en Noia o seu libro O marisqueo en Galicia. A xornada comezará ás 18:30 h cunha visita guiada ao Museo do Mar Carmen Barcia, e continuará ás 20:30 h coa presentación do libro no Edificio Casino...
Reflotan o palangreiro afundido en Ribeira, que será trasladado a un varadoiro
O barco de palangre María Estefanía, que se atopaba en desuso na dársena de Ribeira (A Coruña), foi reflotado na mañá deste martes. A embarcación será trasladada provisionalmente a un varadoiro, xa que os efectivos do operativo comprobaron tras o seu izado que o...
A Xunta e Orixe Salgada alíanse para transformar as algas de arribazón en recurso industrial e impulsar a Economía Azul
A Xunta avalía iniciativas para converter as algas de arribazón nun recurso industrial A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo hoxe unha reunión de traballo con Elena Fontán Alende e Fátima Rodríguez Figueiras, responsables da firma...
O BNG di que o afundimento do “María Estefanía” evidencia “o abandono total que sofren os peiraos de Ribeira”
O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira emitiu un comunicado no que din que o afundimento do barco María Estefanía, acontecido este luns 6 de xullo no porto de Ribeira, é "unha nova mostra do estado de abandono que sofren as instalacións portuarias por parte de...
Inaugurada a mostra “Ría de vida” no Casino de Noia
Este venres 3 de xullo o Casino de Noia acolleu a inauguración da mostra Ría de vida, unha exposición fotográfica con obras de Enrique Martínez que nos convida a descubrir a extraordinaria fauna que habita a nosa comarca. Dende as montañas ata as praias, pasando por...
O Centro de Arte María José Jove impulsa unha plataforma para defender os montes veciñais inspirada nas Brigadas Deseucaliptizadoras de Lousame
O Centro de Arte Fundación María José Jove impulsou a creación do Atlas da Asemblea dos Comunais (The Atlas of the Commons Assembly), unha innovadora plataforma dixital participativa deseñada para apoiar a defensa, documentación e xestión a longo prazo dos montes...
O PSdeG reclama á Xunta “unha data de pagamento para as familias do marisqueo a flote da ría de Arousa”
A deputada do PSdeG no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, esixiu á directora xeral de Pesca que "fixe unha data concreta para pagar as axudas pendentes ás persoas mariscadoras de a flote da ría de Arousa", xa que, segundo dixo, "levan nove meses sen poder traballar...
O proxecto Amicos OnBoardin clausúrase cun acto no Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago
O proxecto Amicos Inclusion: OnBoarding, impulsado pola entidade inclusiva da nosa comarca Amicos, chegou este mércores, 1 de xullo, ao seu fin cun acto de clausura celebrado no Centro de Control da Área Terminal de Santiago de Compostela, no aeroporto Rosalía de...
O BNG urxe á Consellería do Mar a intensificar as medidas contra a expansión da alga asiática. A Xunta responde.
A portavoz de Pesca do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, esixiu á Consellería de Mar que "de maneira urxente e decidida tome medidas para frear a expansión das especies invasoras na costa galega e, nomeadamente, da alga asiática, que segue a crecer malia que xa no 2024...
O BNG denuncia na UE a política galega de prevención e extinción de incendios
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo unha reunión na Dirección Xeral de Medio Ambientes da Comisión Europea para abordar os incendios en Galicia, reunión á que asistiron o responsábel de Agricultura da Executiva Nacional, Xosé Manuel Puga, e a deputada do...
O muradán Fran J. Lestón presenta na súa terra o 25 de xullo o seu novo libro: “Campos de Memoria”
O escritor muradán Francisco Javier Lestón Fernández (Fran J. Lestón) vai presentar na súa terra este mes de xullo, o día 25, o seu libro Campos de Memoria, editado por Libros Indie. Será no Museo do Mar de Muros, a partir das 20.30 horas. O acto estará presentado por...
Rianxo recibe a maior contía da Xunta para recuperar as súas praias: 5 millóns de ameixas e emprego para 94 mariscadoras
A Confraría Virxe do Carmen de Rianxo sitúase á cabeza do plan extraordinario da Xunta de Galicia para a restauración de bancos marisqueiros danados polas riadas e os temporais. O pósito rianxeiro recibirá o maior investimento desta serie de axudas, cunha partida...
BNG acorda co Goberno levar adiante o estudo sobre a produtividade das rías galegas
Néstor Rego nunha imaxe de EFE/Xoán Rey O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, conseguiu a incorporación no Real Decreto-lei de medidas anticrise a incorporación de iniciativas en defensa do sector marisqueiro galego. Segundo recolle o texto, o Goberno impulsa o...
Gardacostas incauta máis de 267 quilos de polbo e 561 cacharros ilegais antes do remate da veda
O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, intensificou nos últimos días os controis contra o furtivismo no litoral galego, saldando os operativos coa incautación de máis de 267 quilos de polbo, 561 cacharros e alcatruces...
A Xunta forma á veciñanza da Mancomunidade Serra do Barbanza da importancia dunha correcta separación dos residuos
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha unha campaña informativa que pretende concienciar a veciñanza dos concellos adheridos á Mancomunidade Serra do Barbanza e ao Consorcio das Mariñas da importancia de facer unha correcta separación dos residuos en orixe. Así,...
ADEGA pide á Xunta máis recursos para a restauración ambiental logo dos incendios
A asociación ecoloxista ADEGA emitiu un comunicado crítico co Goberno galego polo "baixo nivel dos traballos de rexeneración practicados no terreo logo dos devastadores incendios do ano pasado", que afectaron principalmente á provincia de Ourense, aínda que tamén a...
Os peregrinos da travesía “Sail The Way” recalaron este xoves na costa de Barbanza Arousa
A Mancomunidade Barbanza Arousa apoiou un ano máis a peregrinación xacobea a través da Ruta Mar de Arousa Río Ulla da experiencia O Camiño a Vela. Deron a benvida aos navegantes o presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos...
JEALSA e AGADEA únense para impulsar un modelo de coidados innovador e comprometido co territorio
A conserveira boirense JEALSA, a través do seu programa de responsabilidade ambiental e social We Sea, formalizou este xoves 25 de xuño coa entidade AGADEA Alzhéimer un convenio de colaboración destinado a impulsar novas iniciativas de coidado dás persoas e...
Extinguido un conato de lume en Carreira, preto do Parque Natural
A Consellería de Medio Rural informou da extinción, desde as 00.18 horas deste mércores 24 de xuño, dun conato de lume no concello de Ribeira, concretamente na parroquia de Carreira. Comezou ás 22.53 horas de onte e afectou unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do...
A Bandeira Azul volve ondear na praia de Coroso
A praia de Coroso loce xa a Bandeira Azul unha vez que o Concello de Ribeira volvese concorrer a recuperar unha distinción que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). Dito recoñecemento supón unha garantía de calidade das augas, xestión...
A Libraría Social ULA de Outes organiza un roteiro polas herbas de San Xoán
A Libraría Social ULA de Outes organiza (coincidindo coas celebracións de San Xoán esta semana) un roteiro polas herbas de San Xoán, unha actividade encadrada no programa do Café-Conversa de Mulleres. O roteiro permitirá coñecer diferentes espazos do patrimonio...
Melloras na coordinación institucional para loitar contra os lumes na provincia da Coruña
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu este martes 23 de xuño a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais para a campaña de alto risco, na que tamén participou a delegada territorial da Xunta en...
Espina & Delfín e o Concello de Padrón fomentan o consumo responsábel de auga
O impacto do cambio climático en Galicia xa non é unha ameaza futura, senón unha realidade urxente: abonda con mirar o estado dos ríos, encoros e acuíferos para comprobar como as ondas de calor adiantadas, as secas máis longas do habitual e a irregularidade das...
O Concello de Ribeira programa viaxes a Sálvora, Ons e a ruta dos mexillóns
O Concello de Ribeira segue reforzando o seu nexo de unión co mar ao tempo que oferta actividades de lecer para o verán. En consecuencia, nos mércores esábados de xullo e agosto haberá travesías náuticas; todas elas con saída do porto ribeirense. "Chega o verán e o...
Avanzan en Rianxo os traballos da 2ª fase de renovación de luminarias no paseo marítimo e máis a posta a punto do paseo de Tanxil
O Concello de Rianxo confirmou que as obras da segunda fase do proxecto para o cambio das luminarias do paseo marítimo avanzan "a bo ritmo". Estes traballos encádranse no programa local de melloras nos paseos litorais e que inclúen a instalación de novas luminarias do...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena
Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...
“La grandeza de la democracia”. José Castro López
En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...
“Unha páxina aberta en Lisboa”. Xosé A. López Silva
Calquera persoa encargada dunha exposición bibliográfica ou literaria sabe que unha das tarefas máis complexas consiste en decidir as páxinas polas que se deixa aberto cada volume. Detrás da vitrina, o libro só ofrece dúas planas. Con elas, o visitante recibe a imaxe...
“Galicia: bestas para conservar os montes e a tradición” – Antón Luaces
As actuais xeracións de galegos están -estamos- a ver as que moi probablemente sexan as últimas - derradeiras?- xeracións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes que viven nas serras da nosa comunidade autónoma. Nomeadamente, as coñecidas popularmente como "as bestas",...
“O importante é chegar”. Loís Celeiro
Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...




























