O PSdeG reclama á Xunta “unha data de pagamento para as familias do marisqueo a flote da ría de Arousa”

02 Xullo 2026

A deputada do PSdeG no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, esixiu á directora xeral de Pesca que “fixe unha data concreta para pagar as axudas pendentes ás persoas mariscadoras de a flote da ría de Arousa”, xa que, segundo dixo, “levan nove meses sen poder traballar e, segundo denunciou, a Xunta aínda non lles pagou nin un euro”.

Castro sinalou que o pasado 26 de setembro a Consellería confirmou o peche durante seis meses dos bancos de libre marisqueo de Cabío, Bohído e Lombos do Ulla, os máis importantes da ría.

“A xustificación foi o sobreesforzo extractivo e a perda de biomasa e o sector aceptou a medida, pero puxo unha condición clara: sen garantías sociais, o peche é directamente unha condena para as familias que viven diso”, sinalou, lembrando que “na ría de Arousa hai entre 1.000 e 1.200 familias que dependen do marisqueo a pé, e entre 150 e 300 máis que viven do marisqueo a flote; e a iso hai que sumar quen traballa arredor da actividade: transporte, xeo, venda, subministracións”. A deputada sinalou que “case dez meses despois, nin plan de axudas, nin calendario de pagamentos, nin compromiso firme cos profesionais afectados”.

Lembrou que o Diario Oficial de Galicia publicou o 6 de abril a orde que regula estas axudas, dotada con dous millóns de euros e co-financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Porén, dixo que “catro meses despois da publicación da orde, o diñeiro segue sen chegar ás persoas afectadas”.

A deputada tamén dixo que a Xunta “deriva as axudas a mecanismos estatais, como o Goberno central ou o Instituto Social da Mariña, en lugar de asumir competencias e medidas sociais propias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.