A Mancomunidade Barbanza Arousa apoiou un ano máis a peregrinación xacobea a través da Ruta Mar de Arousa Río Ulla da experiencia O Camiño a Vela.
Deron a benvida aos navegantes o presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; a xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro; e concelleiras e representantes de Northmarinas.
Os peregrinos, na súa maioría procedentes de Francia, desfrutaron dunha visita guiada na Pobra do Caramiñal, co obxecto de que “coñezan o territorio e se convertan en prescritores” manifestou Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Despois da visita guiada realizouse a recepción institucional e posterior cea con produtos de Barbanza Arousa, poñendo en valor o produto fresco e en conserva, maridados con viños da IXP Terras do Barbanza e Iria.
A cea realizouse no restaurante Sisal, distinguido co SICTED localizado nunha zona próxima ao porto deportivo.
A travesía El Camino a Vela realízase en grupo para dar a coñecer a experiencia da navegación sustentábel na costa norte da Península, amosar as características, a cultura e a gastronomía de cada localidade na que se recala e atraer navegantes nacionais e internacionais, promovendo un modo diferente de facer o Camiño de Santiago.
Nesta XI edición o letimotiv da travesía son as profesións azuis, co obxectivo de dar a coñecer ás novas xeracións as oportunidades que ofrece o mar a través da plataforma dixital BluePath.
Partiron o pasado 9 de xuño de Hondarribia (Guipúzkos) estando prevista a súa chegada a Santiago de Compostela o vindeiro 27 de xuño.
A súa estancia en Barbanza Arousa correspóndese cunha das etapas finais desta peregrinación xacobea, que está permitindo aos seus participantes coñecer de primeira man parte do patrimonio, cultura e gastronomía do noso destino.




