Avanzan en Rianxo os traballos da 2ª fase de renovación de luminarias no paseo marítimo e máis a posta a punto do paseo de Tanxil

21 Xuño 2026

O Concello de Rianxo confirmou que as obras da segunda fase do proxecto para o cambio das luminarias do paseo marítimo avanzan “a bo ritmo”. Estes traballos encádranse no programa local de melloras nos paseos litorais e que inclúen a instalación de novas luminarias do paseo marítimo no tramo comprendido entre A Carballeira e a praia do Pazo.

“Nos vindeiros días adxudicaremos a terceira e última fase do proxecto, o que nos permitirá cambiar tamén o tramo comprendido entre a praia do Pazo e a praia da Torre antes de que chegue o inverno”, informou o alcalde Julián Bustelo, engadindo que xa foron aprobados dous proxectos para comezar “o antes posíbel co cambio de firme de toda a zona que na actualidade está empedrada”.

Estes dous proxectos suman un investimento total de 457.024,26€.

Como lembraremos, na primeira fase renovouse o tramo comprendido entre Setefogas e A Carballeira instalando luminarias de maior eficiencia enerxética.

Lembrar tamén que o rexedor confirmou a boa marcha das obras de rexeneración do paseo de Tanxil e que nos vindeiros días “abrirase a veciños e visitantes o primeiro treito do novo paseo sobre as praias de Tanxil e Quenxo”. Os traballos inclúen a restitución do treito que no seu día desapareceu a consecuencia do desprendemento de parte do cantil”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.