BNG acorda co Goberno levar adiante o estudo sobre a produtividade das rías galegas

29 Xuño 2026
Néstor Rego nunha imaxe de EFE/Xoán Rey

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, conseguiu a incorporación no Real Decreto-lei de medidas anticrise a incorporación de iniciativas en defensa do sector marisqueiro galego. Segundo recolle o texto, o Goberno impulsa o estudo exhaustivo sobre a produtividade das rías galegas co obxectivo de determinar as causas da perda de produtividade e as medidas precisas que se deberán aplicar para restauralas. A realización deste estudo científico constitúe un dos acordos alcanzados entre o BNG e o Goberno do Estado como medida complementaria de apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro galego e a súa incorporación no RD-lei materialízaa, dando resposta a unha das principais demandas do sector marisqueiro galego ante a situación crítica que atravesan as rías.

Néstor Rego explicou que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación encargará ao Instituto Español de Oceanografía, que conta con dous centros de referencia na Galiza, a elaboración dun estudo exhaustivo sobre a produtividade das rías galegas.

“Trátase de determinar con rigor científico o que xa é unha evidencia para o sector: a perda de produtividade das nosas rías. A partir dese diagnóstico será posíbel estabelecer as medidas correctoras e as actuacións necesarias para restaurar plenamente a súa calidade ambiental e recuperar a súa capacidade produtiva”, destacou o deputado nacionalista.

O BNG salientou que este traballo permitirá contar con datos científicos sólidos para coñecer as causas da regresión da actividade marisqueira e orientar as políticas públicas necesarias para garantir a sustentabilidade das rías galegas, un dos principais motores económicos, sociais e ambientais do país.

Rego valorou “moi positivamente” a incorporación desta medida ao Real Decreto-lei, ao considerar que “supón un paso importante para afrontar con seriedade un problema estrutural que leva anos afectando ao marisqueo e ao conxunto da actividade produtiva das Rías Galegas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.