A Consellería de Medio Rural informou da extinción, desde as 00.18 horas deste mércores 24 de xuño, dun conato de lume no concello de Ribeira, concretamente na parroquia de Carreira. Comezou ás 22.53 horas de onte e afectou unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Na súa extinción traballou a dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) xunto coa Policía Local e un axente forestal. Tratouse dun lume forestal-agrícola con catro focos independentes.




