ADEGA pide á Xunta máis recursos para a restauración ambiental logo dos incendios

26 Xuño 2026

A asociación ecoloxista ADEGA emitiu un comunicado crítico co Goberno galego polo “baixo nivel dos traballos de rexeneración practicados no terreo logo dos devastadores incendios do ano pasado”, que afectaron principalmente á provincia de Ourense, aínda que tamén a zonas da comarca do Barbanza e doutras zonas lindeiras.

No informe dise que “menos de 200 das 118.966 hectáreas queimadas en 2025 (o 0,16%) foron obxecto de medidas de restauración efectivas por parte da Xunta”. A asociación tamén di que “unicamente o voluntariado de ADEGA interveu en máis de 120 entre outubro de 2025 e abril de 2026”.

Engaden que “as recentes enxurradas acontecidas na comarca Valdeorras, que mobilizaron auga e sedimentos dende os montes queimados o pasado verán, amosan as consecuencias do desleixo por recuperar a funcionalidade ecolóxica dos territorios afectados polo lume”.

Tamén critican á Administración autonómica por seguir centralizando o traballo na extinción, “que abrangue”, din, “o 75% (159 millóns de €) dos 213 millóns do PLADIGA 2026, relegando a prevención (53 M€) e a formación (0,9 M€) e esquecendo por completo a restauración (0 €), fai que as consecuencias dos lumes atinxan máis aló do período de alto risco, o que maximiza os impactos negativos e pon en perigo vidas e facendas”.

E engaden: “Desde ADEGA e a comunidade científica temos advertido en numerosas ocasións da necesidade de intervir de urxencia nos territorios afectados polo lume para evitar as perdas de solo polos arrastres das avenidas e recuperar canto antes a funcionalidade ecolóxica deses espazos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.