Inaugurada a mostra “Ría de vida” no Casino de Noia

06 Xullo 2026

Este venres 3 de xullo o Casino de Noia acolleu a inauguración da mostra Ría de vida, unha exposición fotográfica con obras de Enrique Martínez que nos convida a descubrir a extraordinaria fauna que habita a nosa comarca.

Dende as montañas ata as praias, pasando por bosques, dunas, zonas húmidas e mesmo espazos urbanos, esta mostra achéganos ás especies máis emblemáticas e singulares da ría de Noia e Muros a través dunha ollada chea de sensibilidade e respecto polo noso patrimonio natural.

A mostra poderá verse entre o 3 e o 30 de xullo, na sala de exposicións (1º andar) do Casino de Noia (con entrada libre).

Trátase “dunha oportunidade perfecta para coñecer mellor a natureza que nos rodea e sorprenderse coa extraordinaria biodiversidade da nosa ría”, salientou o Concello de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.