O BNG denuncia na UE a política galega de prevención e extinción de incendios

02 Xullo 2026

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo unha reunión na Dirección Xeral de Medio Ambientes da Comisión Europea para abordar os incendios en Galicia, reunión á que asistiron o responsábel de Agricultura da Executiva Nacional, Xosé Manuel Puga, e a deputada do Bloque no Parlamento autonómico e experta en política forestal, Monserrat Valcarce, ademais da alcaldesa da Rúa, María González Albert, o da Mezquita, Rafael Pérez, e o alcalde da Pobra do Brollón, José Luis Maceda; xunto a expertos en xestión forestal e medioambiental e representantes de bombeiros estatais e autonómicos.

As deputadas do BNG presentaron á Comisión Europea un plan de medidas contra os lumes con propostas como a modificación e adaptación do Plan Forestal de Galicia, da Lei de Montes, a aplicación da estrutura forestal en mosaico ou o apoio aos montes veciñais en man común, que espertou o interese da propia Dirección Xeral de Medio Ambiente.

Na súa resposta á delegación do BNG, a Comisión remarcou que a actual Lei de Restauración da Natureza xa aposta por “plans integrais, mesmo a nivel do manexo de terras, sobre a xestión de bosques máis resistentes ao cambio climático e con maior biodiversidade, demostradamente máis resistentes aos incendios”.

Ana Miranda dixo ante altos cargos do Executivo comunitario que “o Goberno da Xunta mentiu sobre as hectáreas queimadas durante a catastrófica vaga de lumes do 2025, cando os propios datos dos satélites europeos Copernicus cifraron a superficie destruída en máis de 200.000 hectáreas, case o dobre do recoñecido pola Xunta”.

O Centro Europeo de Investigación Conxunta recoñeceu ao BNG nunha xunta que “estes lumes serán cada vez máis frecuentes”. Amais, responsábeis de xestión dos datos do sistema satelital Copernicus anunciaron a Ana Miranda que traballan para rebaixar de oito a tres horas o seguimento dos focos e dos perímetros dos lumes, co obxectivo de mellorar as alertas.

Neste contexto, Galiza “non é unha excepción illada, senón unha advertencia importante para toda Europa sobre o que acontece cando coinciden a emerxencia climática e o abandono do territorio”, explicou a deputada do Parlamento de Galicia, Monserrat Valcarce, á Dirección Xeral de Medio Ambiente.

Os próximos orzamentos da Unión Europea para o período 2028-2034 destinarán case a metade dos recursos aos Plans Nacionais que cada país deberá enviar a Bruxelas, onde se incluirán as actuais partidas de cohesión, PAC ou pesca. Serán preto de 865.000 millóns de euros segundo a proposta da Comisión, que quedarán baixo o control dos gobernos centrais.

“Controlaremos de xeito exhaustivo a execución dos fondos europeos na prevención de lumes e para a restauración medioambiental”, advertiu Ana Miranda, “porque hai diñeiro suficiente para que Galiza poida ter plans de prevención ante os lumes e de recuperación despois de cada tempada de incendios. Por iso propoñemos que Europa incorpore nos seus fondos indicadores de financiamento sobre protección dos nosos montes e para a restauración do territorio queimado”.

Pola súa banda, Montserrat Valcarce, deputada no Parlamento de Galicia, dixo que “após da vaga de lumes de 2025, unha das maiores catástrofes vividas na Galiza, a Xunta só restaurou 6.300 hectáreas queimadas, incumprindo a Lei europea de Restauración da Natureza”.

Altos cargos da Comisión Europea advertiron que “hai que estar moi atentos sobre o deseño que os Estados fagan dos novos plans orzamentarios para cohesión e a PAC, para que reserven os medios axeitados cos que pór en marcha as políticas climáticas e medioambientais2 que minimicen o impacto dos lumes”.

Os alcaldes do BNG esixiron ao Goberno galego máis medios para combater e previr a vaga de lumes e para actuacións posteriores de restauración da terra queimada.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.