“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

02 Xullo 2026

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da poboación asalariada cobra menos de mil douscentos euros mensuais. Datos estes que nos trasladan unha crúa realidade do que sucede con demasiadas familias no noso país.

En Galicia, segundo a ONG Caritas, hai máis de catro mil persoas sen teito e que viven, habitualmente, na rúa. Para iso, no seu día, un dos informes da oficina do Valedor do Pobo xa recomendaba que terían que articularse plans de vivenda cunha porcentaxe maior de vivendas sociais, entre outras cuestións. O IGVS e a FEGAMP asinaron, no seu día, un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de vivendas baleiras dentro do Plan Galego de Rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda. Abriuse o prazo para a adhesión dos municipios ao devandito convenio e que mobilizasen como vivendas sociais en alugueiro as vivendas baleiras, non xa só das administracións públicas e particulares senón tamén das entidades financeiras.

Ata o momento, a pesar da boa intención, todo quedouse no papel mollado e non chegou a ter unha aplicación práctica, co cal se segue sen dar cumprimento ao dereito á vivenda, contemplado no artigo 47 da Constitución.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.