A axenda de Outes en novembro pon o foco no local e no universal e achéganos oportunidades non só para coñecer os tesouros do concello senón tamén dos dunha contorna situada un algo máis lonxe: o firmamento. A axenda comeza co Proxecto Cúpula para a divulgación...
Barbantia homenaxea a Maxi Olariaga e achéganos á tradución ao galego do Código de Hammurabi e ao novo libro de Helela Villar
A Asociación Cultura Barbantia compartiu con nós a súa axenda literaria para esta fin de semana, concretamente para os días 11 e 12 de novembro (venres e sábado). Haberá presentacións editoriais en Ribeira e Rianxo e unha homenaxe en Noia: o tributo que lle rende a...
O Elma (A Pobra) acolle este 12 de novembro a representación de Miss Docet
O Teatro Cine Elma acollerá este 12 de novembro a representación de Miss Docet, que chega á Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), ao abeiro do programa de Igualdade da Deputación da Coruña. Compañía...
Remata na Pobra a sexta edición das Xornadas Micolóxicas
Un simposio, un obradoiro familiar, unha saída ao campo, a exposición de cogomelos, a degustación gastronómica e a entrega dos premios do certame fotográfico integraron o groso das actividades na fin de semana como colofón ás VI Xornadas Micolóxicas postas en marcha...
A rapazada de Ribeira mergullouse na vida de Rof Codina cunha sesión de contacontos
O Centro Cultural Lustres Rivas celebrou este sábado dentro do Mes da Ciencia nas Bibliotecas unha actividade lúdica na que o elenco de Polo Correo do Vento recreou a biografía do científico Rof Codina a través do espectáculo ilustrado Rof o veterinario. Os pequenas e...
Varias actuacións musicais para a mocidade amenizarán na Pobra a noite do día 11
O maratón de actividades de A Pobra Moza! achegará varias sesións musicais no 11 de novembro destinadas á xuventude, segundo explica o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra). O toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán acollerá as actuacións de...
Berrobambán leva a Outes o seu proxecto de reconstrución histórico-veciñal: Facer Memoria
A compañía Berrobambán iniciou en setembro, no concello de Mañón, a segunda temporada de Facer Memoria, un proxecto escénico e participativo que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e que proseguirá a súa xira por Teo, Carballo e (esta semana que...
Redrum Teatro representará no Elma a segunda función do ciclo do outono
A actividade cultural da Pobra do Caramiñal prosegue en novembro coa vista posta no teatro, e faino co ciclo de representacións escénicas organizado pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da...
A historia da galiña Rosiña e os seus ovos de conto, este venres na Biblioteca de Rianxo
Este venres 11 de novembro a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo vai acoller un espectáculo de narración oral para a rapazada. Trátase da función A galiña dos ovos do conto, a cargo de Pedras de Papel. Haberá dúas quendas: un primeiro grupo ás 17.00 horas e un...
O Pazo de Goiáns acolle este sábado visitas teatralizadas de Os Quinquilláns e dúas presentacións literarias
Este sábado 5 de novembro o Pazo de Goiáns (Boiro) é novamente un fervedoiro de actividade cultural. En concreto, acubillará tres accións da axenda do Concello para este mes de novembro: unha nova xeira de visitas teatralizadas para coñecermos a historia do pazo por...
A Pobra acollerá un obradoiro familiar para fomentar o uso do galego
Coñecer o pasado e a evolución da lingua galega para concienciar sobre a importancia de mantela viva na escrita e na oralidade. Esta é a base de O lar das palabras, un obradoiro para mergullarnos no noso idioma e fomentar o seu uso dende unha perspectiva lúdica e...
O outono, protagonista da nova festa temática da Pequetroula na Pobra do Caramiñal
A Pequetroula continúa este mes de novembro co fervedoiro de actividades amenas e creativas dirixidas á rapazada de 3 a 14 anos, tanto da Pobra do Caramiñal coma doutros municipios. Esta fin de semana focalizarase no outono, polo cal as propostas para os días 5 e 6...
Este sábado 5 temos magosto tradicional no Araño
Proseguen na nosa comarca as festas de celebración do outono, da castaña e de todos os pratos típicos desta época do ano: as festas do magosto. Este sábado vaise celebrar no termo rianxeiro o tradicional Magosto do Araño, organizado pola Asociación de Veciños esta...
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou e deu visibilidade a un total de 1.200 proxectos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García compartiu o balance de actividades desenvolvidas en 2021 ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, programa enmarcado no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte á...
Helena Villar presenta de De rosa antiga o vindeiro 12 de novembro en Rianxo
A escritora Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá pero rianxeira de adopción, vai presentar a súa nova obra, De rosa antiga, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o vindeiro 12 de novembro ás 20.30 horas. O acto, co-organizado pola Asociación Cultural Barbantia,...
Convocado o quinto certame de podcasts en galego “O Vello dos Contos”
Vénse de convocar a quinta edición do Certame de Podcasts en Galego e Portugués Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte… nas Ondas!, coa colaboración...
O Centro Lustres Rivas acolle este sábado un espectáculo de narración oral de Polo Correo do Vento
Este sábado 5 de novembro regresan os contacontos ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira coa actuación de Polo Correo do Vento, que representará a función Rof o veterinario. Rof Codina, impulsor da profesión veterinaria en España A actuación dará comezo ás 12 do...
Empatía Teatro leva Esas cousas marabillosas á Casa da Cultura de Boiro
Este venres 4 de novembro a agrupación Empatía Teatro estará na Casa da Cultura de Boiro para representar o espectáculo Esas cousas marabillosas. Será a partir das 21.00 horas. As entradas poderán obterse no mesmo día da función. Esas cousas marabillosas é unha obra...
O Museo de Artes contribúe con tres gravados anti-belicistas de Goya á mostra Arte e Memoria Democrática (A Coruña)
A Coruña vai acoller este venres 4 de novembro a inauguración dunha mostra na que colabora, cos seus importantes fondos, a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Artes, Ribeira). Trátase da exposición Arte e Memoria Democrática, acompañada pola...
Trenor visita a Libraría Gallardo de Muros para informar sobre a apertura de prazos do Bono Cultura
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou na mañá deste 2 de novembro a Libraría Gallardo, en pleno centro de Muros, para animar aos coruñeses a aproveitar os bonos da campaña do Bono Cultura da Xunta, medida que esgotou xa todos os vales e que se pode...
A Pobra exalta a tradición popular e a gastronomía co II Magosto Arrancadeira
A Pobra vai reivindicar este mes de novembro os festexos ligados á castaña e a todas súas vertentes, non só a gastronómica senón tamén a cultural, a creativa, a social, a musical e a lúdica. Con este obxectivo recupera o Magosto Arrancadeira que naceu en 2019 e se...
A Laberca inicia o ciclo teatral da Pobra con De algo hai que morrer
Catro compañías teatrais de renome no panorama cultural galego subirán ás táboas do Cine Teatro Elma neste mes de novembro ao abeiro do ciclo que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en...
A pesca sustentábel centrou a terceira xornada da nova edición da Mostra Mares da Fin do Mundo
Este domingo 30 de outubro desenvolveuse a terceira xornada da quinta edición de Mares da Fin do Mundo, a Mostra Internacional de Cinema Documental que se está a celebrar novamente en Outes, ata o 1 de novembro, organizada polo Concello. Arrincou a xeira no Náutico do...
A cineasta galega Xisela Franco abriu a competición oficial de Mares da Fin do Mundo, en Outes
A segunda xornada da V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, celebrada este sábado en Outes, comezou ás 10:00 h coa celebración dunha mesa redonda organizada en colaboración con Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema), moderada...
O poeta mariñeiro Xosé Iglesias presenta a súa nova obra, Atlántico Norte, chamádeme Ismael, este sábado en Porto do son
Este sábado 29 de outubro vaise presentar en Porto do Son, na Casa da Cultura, o libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael, do escritor e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela, editado por Caldeirón. Participarán no acto, acompañando ao autor, Patricia Torrado...
O fotógrafo Manuel Valcárcel leva a Portosín unha colección de imaxes que nos convida a repensar a nosa relación coa auga
Estes días (até o 1 de decembro e dende onte xoves 27) pode verse en Portosín, na Casa da Cultura, unha mostra que xorde directamente da enriquecedora confluencia entre arte e solidariedade. Tratase de Auga o sangue da terra, un proxecto do fotógrafo Manuel Valcárcel...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Que la suerte sea propicia” – José Castro López
La Lotería Nacional es el juego de azar con más arraigo en España y dentro de ella el sorteo con más tradición es el de esta mañana que moviliza a millones de españoles y marca simbólicamente el comienzo de las fiestas de Navidad. Cuando las voces blancas de los niños...
“Religión y vida, ayer y hoy”. José Fernández Lago
Son muchos los que se pronuncian en torno a la Religión y a su importancia para la vida del hombre: filósofos, teólogos, otros científicos, o tertulianos, sin más. 1) Lo que me ha dado pie para escribir este artículo, han sido las respuestas del cantante Víctor...
“Dignos de mirar e admirar”. Luís Celeiro
Este é un tempo de luces, foguetes, agasallos de todo tipo, e moitos de produtos innecesarios. Étempo de nadal, unha boa ocasión para abandonar un ano, de discrepancias e desilusións, e entraren 2026 coa esperanza de que sexa venturoso. Serao, seguramente! Será como...
“Se malgastan los impuestos de los ciudadanos”. Manuel Velo
Estoy muy dolido porque me costó mucho trabajo gestionar y conseguir los terrenos del Parque de A Cachada para recreo de la ciudadanía, y hacer allí la mejor Casa de Cultura del sur de A Coruña y norte de Pontevedra bien integrada en el paisaje y ahora quieren cortar...
“Entre Mula, Valladolid, Beluso-Bueu y el mundo. Cristobal Gabarrón, acordes de una vida: veinte años de museo, treinta de legado”. Alberto Barciela
Hay noches en las que el tiempo parece detenerse para tomar aliento y contemplar lo construido. Una de las veladas de esta semana en el Auditorio Nacional de Música de Madrid fue una de ellas. Mientras las notas de Manuel Tévar, pianista, compositor y director de...



























